Sedación

Sedación durante os tratamentos dentais

Dispoñemos de dous tipos de procedementos para reducir o nivel de ansiedade do paciente fronte aos tratamentos dentais.

  •  Sedación con óxido nitroso:

Na Clínica Pardiñas buscamos continuamente a máxima comodidade para o paciente, por iso ofrecemos de maneira gratuita e para aqueles pacientes que o soliciten a sedación con óxido nitroso.

O óxido nitroso foi o primeiro gas empleado en medicina, dende fai 175 años. É extremadamente seguro para uso medicinal por ser non inflamable e presentar as seguintes características: baixo coeficiente de solubilidade, analxesia e sedación, non se metaboliza no organismo e posúe mínimos efectos colaterais.

Efectos psicolóxicos e fisiolóxicos:

Con doses pequenas os efectos psicolóxicos do óxido nitroso consisten na supresión de sensacións de dor e a característica hilaridad. O consumidor pode mostrar un rostro sorrinte ou caer nun ataque de risa incontrolada. Con doses medias, suministradas por inhalacións máis profundas, experiméntase unha primeira fase de excitación cordial, como ocorre coas bebidas alcólicas, que posteriormente se convirte en sedación e sopor.

  • Sedación consciente:

Sedación Consciente A sedación consciente é un método utilizado para lograr un estado controlado de depresión do sistema nervioso central con redución da ansiedade.

É realizada por un médico anestesiólogo, que durante o tratamento dental monitoriza as constantes vitais (tensión arterial, frecuencia cardíaca e saturación de osíxeno), e axusta a medicación en función de cada paciente.

Este tipo de sedación permite ao paciente manter os reflexos protectores (tose, náusea...), a habilidade para respirar independentemente e responder a estimulos ou ordes verbais.

Está indicado principalmente para pacientes moi ansiosos ou temerosos fronte aos tratamentos dentais, nenos e pacientes minusválidos, podendo utilizarse para calquera tipo de especialidade odontolóxica.

Este método implica o uso de óxido nitroso, osíxeno e uso de medicación intravenosa para inducir ao paciente nun estado de sedación, o cal posteriormente non terá ningún recordo dos procedementos odontolóxicos realizados.

Antes de realizar o tratamento con sedación consciente, necesitarase ter unha historia médica completa, lista da medicación que actualmente estea a tomar o paciente, así como unha analítica de sangue.

Ademais entregaráselle o consentimento informado que terá que traer asinado o día da intervención e as normas para someterse a un tratamento odontolóxico baixo sedación, entre as que se inclúen o acudir en xaxúas e acompañado.