Seguridade e medioambiente

Seguridade e compromiso co Medio Ambiente

A máis alta prioridade da Clínica Dental Pardiñas é asegurarnos de que vostede como paciente, e o noso equipo estean nun ambiente seguro e agradable. Cremos que esta seguridade debe axudar a protexer ao medio ambiente sempre que sexa posible.

Eliminación de Residuos e Reciclaxe

Damos prioridad a la seguridadOs axentes químicos usados para revelar as placas radiográficas son sempre reutilizados até esgotar a súa vida útil, e despois enviados para a súa posterior reciclaxe.

Todos os nosos refugallos biolóxicos son recolleitos en envases especiais e tratados segundo as leis en materia de substancias biolóxicas.

Así mesmo, procuramos reciclar todo o material co que traballamos: papel, plástico, vidro, etc.

Radioloxía e Seguridade Radiolóxica

Na Clínica Dental Pardiñas utilizamos radioloxía dixital (RVG) que está informatizada e non é necesario película nin revelado.

Cando se precisa radioloxía convencional, os aparellos de raios X da actualidade requiren que se emita moi pouca radiación, ademais utilizamos películas cunha sensibilidade que permite doses especialmente baixas.

Ao combinar estas películas co uso de delantais de plomo e colares de tiroides, a exposición á radiación cando tomamos radiografías é mínima.

Na Clínica Pardiñas tomamos o menor número de radiografías necesario para obter un diagnóstico e tratamento seguro.

Os nosos equipos son calibrados e analizados de forma regular. As paredes onde está o ortopantomógrafo están forradas con chumbo para previr calquera exposición innecesaria a raios X ao noso persoal e aos nosos pacientes.