CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Fisioterapia na Coruña - Novo servizo de Clínica Pardiñas

Clínica Dental Pardiñas incorpora á fisioterapeuta Belén López no equipo médico o que nos permitirá ofrecer un novo servizo de fisioterapia na CoruñaCo obxectivo de mellorar e ampliar a oferta de servizos, incluímos no equipo de doutores de Clínica Dental Pardiñas á fisioterapeuta Belén López López, que ofrecerá aos nosos pacientes unha ampla variedade de tratamentos de terapia física:

  • Fisioterapia deportiva: dirixida a persoas que realizan prácticas deportivas.
  • Fisioterapia manual ortopédica: análise o sistema articular muscular e nervioso dos pacientes e as súas capacidades funcionais.
  • Fisioterapia respiratoria: prevención e tratamento de enfermidades relacionadas co aparello respiratorio.
  • Fisioterapia neurológica: avaliación e tratamento de persoas con problemas motores, posturales e/ou do equilibrio relacionados con lesións do sistema nervioso.
  • Fisioterapia xeriátrica: mellorar a funcionalidade psicolóxica e psicomotriz das persoas da terceira idade.
  • Fisioterapia traumatológica: avaliación e reparación de determinadas lesións.
  • Terapia ocupacional: realización de actividades para que o paciente adquira a máxima funcionalidade.
  • Masaxes.

Belén López, fisioterapeuta Na Coruña - Clínica PardiñasAdemais todo isto, Belén López traballará man a man co equipo de dentistas naqueles problemas relacionados coa Articulación Temporomandibular, como poden ser o bruxismo e disfunción temporomandibular.

Para ofrecer estes novos servizos de fisioterapia na Coruña, Belén López López conta cunha ampla formación na materia. En 2008 diplomouse en Fisioterapia e Terapia Ocupacional na Universidade de Alfonso X O Sabio, en Madrid. Terminada a carreira, ampliou a súa formación realizando o Máster en Terapias Manuais na Universidade Europea de Madrid (2008-2009), un Máster en Patoloxía Neurológica na Universidade Rey Juan Carlos (2009-2012) e unha formación no Método Dardzinski, Walk On na Universidade australiana de Sídney (2015), sendo actualmente a única profesional en Galicia en ofrecelo. Ademais, desde 2012 prepara un doutorando en Neurorehabilitación na Universidade da Coruña.

O seu amplo nivel educativo é unha garantía de que os nosos pacientes xa non só poderán acceder a un servizo de odontoloxía de moito nivel senón tamén a unha importante oferta de servizos de terapia física. O voso benestar é o máis importante.

 
Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica