Soporte Óseo

SOPORTE ÓSEO PARA A REHABILITACIÓN CON IMPLANTES DENTAIS, A SÚA IMPORTANCIA

No mundo moderno cada vez máis se coida a saúde. A saúde bucodental para a poboación en xeral é un apartado moi importante que inflúe na calidade de vida. Hoxe os pacientes somos moi esixentes co coidado das nosas bocas. Cada vez máis, cando hai perda de pezas dentarias, solicítase a súa rehabilitación con prótesis dentais fixas que sexan funcionais e estéticas. As clásicas próteses removibles xa casi ninguén quere levalas pola súa incomodidade e por ser moitas veces antiestéticas.

En moitas ocasións cando procedemos a rehabilitar unha boca, atopámonos con verdadeiros problemas por falta de óso adecuado. Os ósos dos maxilares son os "cimentos" que nos van a permitir construir a casa enriba.

Soporte óseo correcto

Cando facemos o estudo do caso temos que analizar distintos parámetros, tales como a oclusión (a forma de morder), o estado das enxivas (saber si hai ou non enfermidade periodontal), valorar retraccións, etc. Unha vez estudadas todas estas variables coas súas probas complementarias correspondentes (estudos radiográficos, etc.) hai que facer o enfoque terapéutico axeitado.

Moitas veces un caso aparentemente sinxelo pode converterse nun caso complexo simplemente porque pode faltar un pouco de óso debaixo da enxiva. Supoñamos un paciente que perde un dente central superior por un golpe, se a taboa ósea externa se fractura, cousa que é moi frecuente, e ensina esa zona ao sorrir, non podemos colocar directamente un implante, polo tanto neste caso antes de insertar o implante ou no mesmo acto teremos que facer rexeneración ósea desa zona e manexar os tecidos brandos adecuadamente para cubrir os defectos existentes.

É frecuente tamén que nos sectores posteriores do maxilar superior, os seos paranasales (cavidades ocas que están a ambos os dous lados do nariz) baixen moito (se pneumaticen), casi até o bordo do maxilar, co cal non nos queda altura ósea axeitada para colocar os implantes. Neste caso haberá que gañar óso en altura a ese nivel facendo unha elevación do seo maxilar (sinus lift), unha técnica rutinaria.

Por suposto, a enfermidade periodontal crónica do adulto (piorrea) é a principal causa de perda ósea ao redor dos dentes. En ocasións a atrofia ósea é tal que pode ser moi difícil unha rehabilitación con implantes sen facer enxertos óseos en bloques previos.