Tratamento

¿Como se trata a enfermidade periodontal crónica do adulto?

Cando se fai o diagnóstico coa anamnesis e o estudo completo periodontal (serie radiográfica, sondaxe, retraccións xinxivais, movilidades...) sácanse unhas conclusións acerca do pronóstico e do tratamento.

É evidente que se a enfermidade está moi avanzada con gran perda de óso maxilar ao redor das raíces dentarias e movilidades importantes, pouco se pode facer para manter eses dentes. En cambio, se a perda de óso é incipiente ou moderada o tratamento adoita obter uns resultados excepcionais para o mantemento de eses dentes en saúde a longo prazo, sempre e cando o paciente entenda o problema e leve a cabo na súa casa un estricto control de placa.

Cada boca é un mundo, pero básicamente o tratamento completo consta de tres fases:

  1. Fase hixiénica: onde se elimina o sarro groso e se lle instrúe ao paciente nas técnicas correctas de cepillado e dos métodos auxiliares (cepillos interproximais, hilo dental, irrigador, etc.)
  2. Fase desinflamatoria: que consiste en facer uns raspaxes e alisados das raíces cuns instrumentos chamados curetas, para así eliminar o sarro e placa subxinxival. Esta fase sóese realizar con anestesia e por cuadrantes (divídese a boca en catro partes). Se a enfermidade é moderada pode ser suficiente con esta fase e os mantementos periódicos (limpezas periódicas profesionais).
  3. Fase cirúrxica: unha vez desinflamada a encía hai que eliminar eses fondos de saco (bolsas periodontais) onde se acantonan os xérmenes. Esta fase realízase cando as bolsas son moi profundas para poder erradicar todo o tecido inflamatorio e alisar correctamente o óso que rodea ás raíces. A continuación sutúrase a encía sobre unha base de óso san sen que quede xa espazo ou quede moi pouco entre esta e o óso.De esta forma o paciente pode acceder adecuadamente aos espazos de maneira visible para poder hixienizalo. É evidente que cando se realiza este tratamento a encía queda máis retraída e as raíces máis sensibles nos primeiros días.

finalidade principal do tratamento é frear a perda de óso, non recuperar o perdido. Isto poderíase facer en determinados casos e con técnicas rexenerativas de inxertos e/ou membranas.