CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O balance dos primeiros meses da fundación

A Fundación Clínica Pardiñas achegou máis de 5000 euros en tratamentos bucodentais en tres meses de actividade

O pasado mes de abril empezou a funcionar o programa asistencial de saúde bucodental da Fundación Clínica Pardiñas, a primeira fundación galega adicada á atención bucodental dos sectores máis desfavorecidos da nosa sociedade. Tres meses despois da súa instauración, esta institución investiu máis de 5000 euros en dar atención a máis de vinte pacientes de todas as idades. Entre os tratamentos realizados inclúense diagnósticos, radiografías, empastes, endodoncias, tratamentos periodontais e próteses removibles etc.


Poñer o traballo, experiencia e instalacións da Clínica Pardiñas ao servizo das persoas que máis o necesitan é a achega desta clínica á sociedade galega neste complicado momento económico que atravesamos.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica