CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Xornada exploración contra o cancro oral

O pasado mércores, 4 de febreiro, con motivo do Día Mundial contra o Cancro, a Fundación Pardiñas e a nosa clínica organizaron unha xornada especial dedicada á detección de cancro oral. A finalidade do centro e da Fundación Pardiñas era principalmente incentivar todos os pacientes e persoas do exterior a someterse un exame bucodental co obxectivo de detectar calquera anomalía na garganta, boca ou dentes que puidese ser prexudicial para a saúde.

Esta iniciativa solidaria impulsada polos nosos doutores e dentistas co fin de detectar cancro oral tivo moito éxito e foron varios medios de comunicación os que recolleron a noticia, entre outros,La Voz de Galicia. Así mesmo, o centro quedou bastante satisfeito coa alta participación de asistentes. Foron moitas as persoas as que achegaron á nosa clínica dental e os que decidiron realizar esta análise gratuíta e totalmente inocua. Estamos moi orgullosos de ter sido o primeiro centro en Galicia en ofrecer a todos os pacientes un exame oral exhaustivo co fin de detectar cancro oral e seguramente ao ano que vén repitamos a acción nas nosas instalacións.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica