Actualidade

Alimentos que branquexan os teus dentes

Ademais de manter unha hixiene dental axeitada hai unha serie de comidas poden axudar ao coidado dos teus dentes. Aquí deixámosvos 13 alimentos que traballan na boa dirección:

  • Queixo: o queixo non só fortalece os nosos dentes grazas ao calcio senón tamén contén ácido láctico, ideal para combater a carie.
  • Amorodo: os amorodos regulan o PH do corpo o que axuda controlar as bacterias dos nosos dentes.
  • Mazá: as mazá contén acido málico, ingrediente utilizado nos branqueadores dentais.
  • Xenxibre: ademais de ser un bo antinflamatorio o que axuda ás túas enxivas, o xenxibre é efectivo matando bacterias e polo tanto prevén a enfermidade periodontal.
  • Piña: unha encima localizada na piña participa na limpeza dos dentes e rompe a placa bacteriana. Ademais a piña incentiva a produción de saliva, un estupendo remedio natural contra as bacterias.
  • Cenorias: ao igual que a piña a cenoria fomenta a produción de saliva cos mesmos bos resultados que o anterior.
  • Alfábega: un antibiótico natural que traballa na redución das bacterias na boca.
  • Salmón: o salmón ten moito calcio e vitamina D, algo que fortalece os teus dentes.
  • Sementes de sésamo: polo xeral as sementes son ricas en calcio, pero ademais as de sésamo combaten a placa.
  • : o exceso de té pode ser daniño para os dentes pero consumilo con moderación achega antioxidantes ao corpo que combaten a bacteria da xenxivite.
  • Quinua: contén calcio, magnesio e fosfatos e todo iso fortalece os teus dentes.
  • Berza: a berza ten abundancia de minerais que soportan a estrutura dental.
  • Limóns: aumentan o ph do corpo, axudan á xeración de saliva e son un branqueador natural. Pero o limón é unha froita moi ácida e o seu consumo en exceso pode danar o esmalte.

Como ven a natureza pode ser un grande aliado para os nosos dentes. Aínda así visitar o teu dentista con regularidade é a mellor forma de ter un dentes brancos e fortes.

Vía Fox News (en inglés)

Compártao

O Dr. Simón Pardiñas revoluciona a educación dental usando IA

O Dr. Pardiñas xerará vídeos de divulgación dental en múltiples idiomas grazas a un avatar dixital creado por Intelixencia Artificial

Ler máis

A exodoncia - Todo sobre a extracción dental

Coñécese como exodoncia ao proceso de sacar un dente levado a cabo por un profesional odontolóxico. Isto é todo o que necesitas saber sobre a extracción dental.

Ler máis

O prezo do tratamento dental - É caro ir ao dentista?

É moi frecuente que se nos pregunte polo prezo dun tratamento a través das redes sociais. Esta é a nosa política respecto diso.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental