Actualidade

O Dr.Pardiñas López participou no 1º Simposium Mundial organizado por DentalXP en Las Vegas.

O Dr.Pardiñas López participou no 1º Simposium Mundial organizado por DentalXP en LasVegas. Este primeiro congreso internacional sobre Bioenxeñaría Rexenerativa e Odontoloxía Estética celebrouse os pasados días 7, 8 e 9 de Febreiro en Las Vegas.

Nel fíxose fincapé nos avances de vangarda en Rexeneración, Bioenxeñaría, Estética e Tecnoloxía Dixital, incluíndo importantes talleres prácticos.

Dr. David Garber, presidiu o compoñente de Odontoloxía Estética Restauradora do programa, mentres que o Dr. Maurice Salama, presidiu a parte cirúrxica e rexenerativa. Entre os relatores do congreso atopáronse líderes mundiais nos campos da Implantoloxía, Rexenerativa e Estética. Á súa vez o Dr. Pardiñas López colaborou coa representación española no congreso a cargo da compañía BTI (Biotechnology Institute).                            

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental