Actualidade

Estreamos canle de YouTube en galego

Tras o éxito cultivado pola nosa canle de YouTube en 9 idiomas como son o castelán, inglés, francés, portugués, italiano, alemán, ruso, hindi e chinés, desde Clínica Médico Dental Pardiñas decidimos involucrarnos na divulgación da lingua galega publicando os nosos vídeos en galego.

 Imágen da nosa canle de  YouTubeA nosa canle conta con máis de 25 millóns de reproducións e máis de 70 mil subscritores, o que nos sitúa en segundo lugar de entre todas as contas adicadas á saúde dental a escala mundial. Ter espectadores de todos os recunchos do mundo e en tan diversas linguas é un dos nosos máis grandes motivos de orgullo. Estas cifras fannos sentir tan respectados como queridos polo público que os visualizan, así como por tantos e tantos profesionais que nos seguen.

Todos os nosos vídeos foron traducidos e supervisados por filólogos en lingua galega, aportando incluso novos termos científicos en galego que non están recollidos na Real Academia Galega.

O noso obxectivo é que tanto a nosa páxina web como a nosa canle de YouTube sexan un medio de información para o paciente en temas de saúde bucodental.

 

Por iso, con esta acción confiamos en poder chegar a todos os galegofalantes de calquer parte do mundo, contribuíndo á expansión da cultura galega como o vimos facendo dende hai máis de 30 anos.

 
Compártao

Tártaro ou sarrio dental: por qué se forma e cómo se elimina

O tártaro ou sarrio dental é unha calcificación da placa bacteriana que se acumula ao redor dos dentes. Neste post explicamos por que se forma e como se pode eliminar.

Ler máis

Sialolitíase - Causa e tratamento da pedra na glándula salival

A sialolitíase é a formación de pedras (sialolitos) nos condutos ou glándulas salivais. Neste post falamos das causas e tratamento deste trastorno.

Ler máis

O sexo oral e os seus riscos para a saúde oral

O sexo oral é unha práctica habitual nos encontros eróticos, pero non está exento de riscos. Neste post falamos da relación entre o sexo oral e a saúde bucodental.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía con máis visitas a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes.

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental