Actualidade

As cifras da clínica dental coa canle mais grande en YouTube

Clínica Pardiñas é a clínica dental coa canle más grande do mundo en YouTube. Estas son as cifras da nosa canle de odontoloxía nesta plataforma.

1) O proxecto de Clínica Pardiñas en YouTube

Con máis de 340 millóns de visitas en YouTube, a nosa clínica dental é a máis grande do mundo nesta rede social. A canle de Clínica Médico Dental Pardiñas busca achegar a odontoloxía aos pacientes, ofrecendo para iso máis de 80 vídeos animados sobre tratamentos e enfermidades dentais en 14 idiomas diferentes: español, inglés, portugués, francés, alemán, italiano, ruso, chinés, árabe, xaponés, hindi, hebrero, coreano e galego. Precisamente o galego é unha das apostas da nosa clínica dental, promovendo as nosas raíces e a lingua da nosa terra. Somos ademais a única clínica dental que conta con páxina web en galego.

2) Máis dun millón de subscritores en YouTube

Ademais dos mencionados 350 millóns de visitas, outras cifras que permiten entender a magnitude da canle son os 450.000 espectadores de media que entran diariamente desde calquera lugar do mundo e os máis de 1.000.000 subscritores que actualmente acumula. Superar esta cifra millonaria fíxonos merecedores da insignia de ouro de Youtube, unha distinción que se une á de prata, coa que xa puidemos entrar aos estudos de gravación desta compañía na nosa viaxe a Nova York en 2018.


3) Os premios da nosa canle de YouTube

As insignias de Youtube non foron os únicos premios que recibimos por este proxecto audiovisual. En 2022, a revista Gaceta Dental recoñeceu a estratexia de comunicación e márketing da nosa clínica como a mellor de España nos seus prestixiosos premios. Dous anos antes recibimos a medalla de ouro en Dixital Health Awards, un galardón que recoñece os mellores medios dixitais no campo da saúde. Igualmente, fomos finalistas de YouTubeiros 2019, un galardón que busca dar apoio á creación e difusión de vídeos en galego.


4) Falando co teu dentista en YouTube

Ademais dos nosos vídeos de odontoloxía en 3D, desenvolvemos varios tipos de vídeos de divulgación científica sobre saúde bucodental. E é que a nosa canle tamén conta cunha serie de capítulos nos que o Dr. Pardiñas responde as dúbidas máis frecuentes sobre saúde bucodental. Estes vídeos están dispoñibles en español, inglés e galego. Algúns destes capítulos alcanzaron cifras millonarias de visitas.

5) Shorts, vídeos cercanos e breves sobre odontoloxía

O último proxecto no que estamos a traballar na nosa canle é na elaboración de Shorts, vídeos en vertical inferiores a un minuto de duración nos que o Dr. Pardiñas comenta e analiza temas curiosos e/o de actualidade desde o punto de vista da odontoloxía. Un formato de gran alcance pensado para o seu consumo en dispositivos móbiles.


Con estes magníficos números, recoñecementos e proxectos seguimos traballando, coa intuición de que este só é o principio dun bonito camiño na divulgación odontolóxica. Aínda quedan moitos vídeos e traducións na recámara, co único obxectivo de seguir achegando a odontoloxía a pacientes de todo o mundo. Canto maior información teñan os pacientes, máis fácil será poder ofrecerlles o tratamento axeitado ao seu caso.

Categoría Odontoloxía 3D
Compártao

Limpeza dental ou profilaxe - Todo o que necesitas saber

A profilaxe é a eliminación de sarro e depósitos de placa bacteriana ao redor dos dentes. Aquí contámosche todo sobre esta limpeza dental profesional.

Ler máis

As cifras da clínica dental coa canle mais grande en YouTube

Clínica Pardiñas é a clínica dental coa canle más grande do mundo en YouTube. Estas son as cifras da nosa canle de odontoloxía nesta plataforma.

Ler máis
sexo oral riesgos

O sexo oral e os seus riscos para a saúde oral

O sexo oral é unha práctica habitual nos encontros eróticos, pero non está exento de riscos. Neste post falamos da relación entre o sexo oral e a saúde bucodental.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental