Primera clínica de Galicia en obter a ISO 9001,
e a terceira de España en obter o certificado AENOR
Pretendemos acercarnos á excelencia, e para iso temos controis de calidade internos e externos:
• Os internos incumben ao noso bo facer profesional: control de esterilización, uso do instrumental adecuado, materiais excelentes, técnicas contrastadas, en definitiva, o que vostede non pode avaliar.
• Os externos, o que vostede pode analizar obxectivamente: trato, tempos de espera, hixiene, confort no tratamiento, etc.
Unha auditoría independente confirma que a Clínica Médico Dental Pardiñas é a primeira en Galicia que cumpre os máis altos estándares de calidade.
O proceso, comezado en 2002 e que concluíu en 2003, representa un respaldo internacional de primeira liña ao noso proceso asistencial e, ao mesmo tempo, ratifica os obxectivos elixidos pola Clínica desde as súas orixes: compromiso coa calidade, satisfacción do cliente e mellora continua. A Clínica Médico Dental Pardiñas é agora un referente para todas as clínicas e pacientes que busquen a calidade en Galicia.