Actualidade

Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia

A Fundación Clínica Pardiñas colaborou no Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebrado na Coruña os días 19 e 20 de maioA Fundación Clínica Pardiñas participou no Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebrado na Coruña os días 19 e 20 de maio. Alí asistiu o Dr. Simón Pardiñas como relator e como representante da Fundación na conferencia sobre o Sistema Sanitario.

Durante a súa intervención, o Dr. Pardiñas falou dos problemas que existen durante a infancia para acceder a determinados tratamentos odontolóxicos xa que a Seguridade Social non cobre a maioría de intervencións dentais. Nesta mesma charla, o Dr. Pardiñas insistiu nas consecuencias que pode ter na saúde dun adulto os problemas bucais arrastrados desde a nenez, así como na importancia da prevención. No coloquio tamén participaron o Dr. Jesús García (Presidente da sociedade española de pediatría social), Raquel San José (psicóloga clínica), e Paula Pita (membro da Asociación Galega de Matronas), ofrecendo o seu punto de vista sobre o tema.

O Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebraba este ano a súa primeira edición e elixiu o Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña como escenario para o seu debut. Este congreso nace para buscar resposta a dúas preguntas: que impide hoxe en día atender as necesidades dos máis pequenos e cómo podemos mellorar a situación. De igual forma, ten como obxectivo unir a responsables de distintos sectores relacionados coa infancia para buscar unha solución conxunta aos problemas, e ser un altofalante permanente sobre as necesidades e dereitos da infancia.

Participar nunha causa así é un auténtico orgullo para Fundación Clínica Pardiñas. Esta institución foi concibida para dar servizos odontolóxicos aos sectores máis desfavorecidos da sociedade, e a infancia merece todo o noso apoio.

A Fundación Clínica Pardiñas participou o Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebrado na Coruña os días 19 e 20 de maio. Alí asistiu o Dr. Simón Pardiñas como relator e como representante da Fundación na conferencia sobre o Sistema Sanitario.

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental