- Aparcamento gratuito para os nosos pacientes a 2 minutos, nos Cantóns e na Avenida da Mariña.
- Parada de taxi a 100 metros, en Cantón Grande, á beira do Obelisco.
-
Paradas en Avenida da Mariña e en Cantón Grande.
Billete de volta gratuito. -
Servizo de transporte privado:
Se non dispoñe dun medio de transporte ou acompañamento e despois dun tratamento de envergadura necesita ser levado a casa, podemos organizalo para vostede.
No corazón da cidade
A nosa clínica está situada no corazón da cidade da Coruña, na mesma Rúa Real e a Marina. Rodeada de restaurantes, zonas comerciais, entretemento... Un lugar único para coñecer A Coruña.
Visítanos desde calquera parte do mundo
A Coruña, "A cidade onde ninguén é forasteiro".
Situada en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, está considerada unha das cidades máis fermosas do país.
Coa súa cociña, praias, paisaxes e natureza non deixa indiferente aos que a visitan.
Organizamos a súa viaxe:
Se reside no estranxeiro, o noso equipo pode organizar a a súa viaxe e citas para a súa comodidade. Nos casos de tratamentos de envergadura costeamos o seu transporte e estancia na Coruña e en Galicia durante as citas do tratamento. Consúltenos sen compromiso.
A través da nosa colaboración con Galicia Holiday, pode aproveitar a súa viaxe de tratamento para coñecer Galicia. Ofrecen as mellores casas de vacacións VIP con piscina en Galicia.
- Expertos en Galicia
- 100% reservas seguras
- Casas coidadosamente seleccionadas
- Turismo de calidade
- Clientes satisfeitos