Actualidade

Curso de Implantoloxía e Periodoncia en Fundación Clínica Pardiñas

Os próximos días 28, 29 e 30 de abril celebrarase un Curso de Implantoloxía e Periodoncia nas instalacións da Fundación Clínica Pardiñas. A Fundación Clínica Pardiñas, en colaboración coa ImplantePerio e New York University, presenta un novo curso en Implantoloxía e Periodoncia. Este evento de formación terá lugar os días 28, 29 e 30 de abril nas instalacións Fundación Clínica Pardiñas e falará da reconstrución dos tecidos duros e brandos, no sector anterior, e do diagnóstico e tratamento das enfermedades periimplantarias. Ademais diso tamén se falará sobre:

• Enxertos de tecidos duros e brandos. Áreas doantes.
• Preservación alveolar.
• Protocolo de implantes inmediatos.
• Osseointegração e reoseointegración.
• Diagnóstico, Histopatologia e prevalencia.
• Eliminación de implantes.
• Mantemento e prevención da mucosite peri-implantar e per-implantitis.

Co obxectivo de ofrecer a formación máis alta calidade para os alumnos, o curso será impartido por profesionais do máis alto nivel: o profesor Paulo Fernando Mesquita de Carvalho do Instituto ImplantePerio de Sao Paulo (Brasil), o Dr. Ismael Khouly da New York University (EE.UU.), o Dr. Oreste Iocca da Universidade de Roma (Italia) e o Dr. Simón Pardiñas. 

Todos os interesados en asistir deberán solicitar o seu reserva chamando ao 881 129 939 ou escribindo un email a info@fundacionclinicapardinas.com. O prezo da matrícula é de 1000 euros e as prazas son limitadas, asignándose por rigorosa orde de inscrición. Poden atopar máis información sobre o evento na imaxe que acompaña esta noticia.

Os próximos días 28, 29 e 30 de abril celebrarase un Curso de Implantoloxía e Periodoncia nas instalacións da Fundación Clínica Pardiñas.

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental