Actualidade

O Dr Pardiñas acudiu a 2 cursos de formación continuada en Barcelona e Madrid

O Dr. José Pardiñas acudiu os pasados días 21, 22 e 23 de Febreiro e 1 e 2 de Marzo a 2 cursos de formación continuada en Barcelona e Madrid

O Dr Pardiñas acudiu os pasados días 21, 22 e 23 de Febreiro e 1 e 2 de Marzo a 2 cursos de formación continuada en Barcelona e Madrid. Do 21 ao 23 de Febreiro celebrouse en Barcelona o taller intensivo de rehabilitación con implantes zigomáticos. Os implantes zigomáticos son usados en casos extremos de falta de dentes con grande atrofia de óso para rehabilitar a boca sen necesidade de enxertos.

No devandito curso déronse os coñecementos necesarios para a colocación de implantes zigomáticos e a súa rehabilitación protésica. Tratáronse con detalle as técnicas clásicas así como as últimas actualizacións cirúrxicas e protésicas para evitar complicacións. Realizáronse prácticas de colocación de implantes en fantoma artificial e en cabezas críopreservadas humanas así comocirugías en directo.

Os días 1y 2 de Marzo tivo lugar en Madrid o Curso Avanzado deImplantes organizado polo instituto Implanteperio de Sao Paulo(Brasil). O obxectivo deste curso foi presentar informacións actuais que integran conceptos cirúrxicos e protéticos importantes para a resolución estética.

Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental