Actualidade

Os dentes do bebé, os definitivos e a dentición

O día en que a un bebé aparécelle o primeiro dente na enxiva é memorable. É tamén o preludio da aparición de toda a dentadura, que terá a función de rachar e machucar os alimentos para que poidan ser tragados e dixeridos. Pero ¿cando saen os primeiros dentes? ¿E cando saen os definitivos? Neste artigo falamos sobre o proceso da dentición.



¿Qué son os dentes e qué partes teñen?

Os dentes son estruturas duras que están implantados nas arcadas dentarias dos maxilares. Cada peza dentaria ten dúas partes: a coroa que é a porción visible na boca, e a raíz que é a parte emprazada no óso dos maxilares. As raíces das pezas dentarias son máis longas que a coroa. Os dentes de diante adoitan ter unha raíz e as moas adoitan ter dúas ou tres raíces. Os premolares teñen unha raíz excepto o primeiro premolar superior que ten dous.



O elemento da estrutura do dente de maior importancia é a dentina que está composta dun material parecido ao óso. A dentina contén células vivas no seu interior, e é un tecido sensible que transmite a sensación de dor cando se lle estimula por medios térmicos ou químicos. A dentina da coroa está recuberta por unha capa protectora de esmalte que é un tecido insensible e extraordinariamente resistente. 



 

A raíz permite que a peza quede completamente ancorada no óso (alveolo) e está recuberta por unha capa de “cemento” que é unha substancia similar á dentina. O centro da peza ten forma dunha cámara oca en cuxo interior existe un tecido sensible de tipo conectivo coñecido como pulpa dentaria. Esta esténdese desde o interior da coroa cara ao final da raíz, onde se conecta coa zona máis profunda do alveolo dentario no maxilar. A través desta conexión fan o seu percorrido diminutos vasos sanguíneos e nervios cara á pulpa.

 

¿Qué é a dentición e cándo sucede?

A dentición é o proceso polo cal os dentes se abren paso a través das enxivas ata facerse visibles na boca. Ao longo da vida, o ser humano pasa en dúas ocasións por este proceso: a erupción os dentes de leite e a dos dentes definitivos. Os dentes de leite, ou dentes decíduos, son os que aparecen durante a infancia e que seperden por regra xeral. Estes divídense en incisivos, caninos e molares, e suman un total de 20 pezas. Esta é a súa cronoloxía:

 

Cronoloxía dos primeiros dentes:

6-12 meses, incisivos.

18-24 meses, caninos.

12-18 meses, primeiro molar.

24-30 meses, segundo molar.


 

A dentición permanente é a que substituirá e ampliará á de leite. Estas pezas clasifícanse de igual modo que as do bebé pero hai unha categoría adicional denominada premolares, que son unhas pezas situadas entre os caninos e molares. En total son trinta e dous dentes, incluíndo as moas do xuízo.

 

Cronoloxía dos dentes definitivos: 

6-7 anos, primeiro molar.

7-9 anos, incisivos.

9-12 anos, canino.

10-12 anos, premolares.

11-13 anos, segundo molar.

17 anos en ó máis, moa do xuízo.



 

Os incisivos caracterízanse por unha forma estreita aplanada, como a folla cortante dun coitelo, de feito son os que cortan os alimentos, os caninos rachan e os premolares e molares os trituran. Coñecer e entender a cronoloxía e función dos nosos dentes fai evidente a importancia que teñen no noso desenvolvemento. Por iso é fundamental coidar.

Compártao
sangrado de encias causado

Sangrado de enxivas - Causas, prevención e tratamento

O sangrado de enxivas é un problema dental común. Aquí falamos sobre a prevención, causas e tratamento das enxivas sanguentas

Ler máis

Limpeza dental ou profilaxe - Todo o que necesitas saber

A profilaxe é a eliminación de sarro e depósitos de placa bacteriana ao redor dos dentes. Aquí contámosche todo sobre esta limpeza dental profesional.

Ler máis

As cifras da clínica dental coa canle mais grande en YouTube

Clínica Pardiñas é a clínica dental coa canle más grande do mundo en YouTube. Estas son as cifras da nosa canle de odontoloxía nesta plataforma.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental