Actualidade

O Dr. Simón Pardiñas asistiu ao encontro anual da Academia Americana de Periodoncia

O doutor Simón Pardiñas López asistiu ao encontro anual da Academia Americana de PeriodonciaO doutor Simón Pardiñas López asistiu ao encontro anual da Academia Americana de Periodoncia celebrado do 9 ao 12 de Setembro na cidade de Boston (Estados Unidos). Na edición número 103 deste meeting anual, o Dr. Pardiñas gozou de numerosas palestras que ofreceron relatores de gran renome internacional sobre as novidades e técnicas en periodoncia, rexeneración ósea e implantoloxía oral.

Da mesma forma, o doutor Simón Pardiñas realizou un taller práctico sobre a rexeneración ósea vertical impartido polo Dr. Istvan Urban, un dos profesionais máis recoñecidos mundialmente nesta técnica odontolóxica.

O meeting da Academia Americana de Periodoncia é un dos congresos máis importantes do mundo no campo da odontoloxía e foi un broche perfecto para a semana formativa do Dr. Pardiñas nos Estados Unidos. Estancia que o noso dentista iniciou o pasado xoves 7 de Setembro como relator na Universidade de Nova Iorque.

No Centro Médico Dental Pardiñas estamos convencidos de que a formación continuada axúdanos a ofrecer o mellor servizo aos nosos pacientes nesta sociedade en continuo desenvolvemento.

taller práctico sobre a rexeneración ósea vertical impartido polo Dr. Istvan Urban

Os dentes do bebé, os definitivos e a dentición

¿Cando saen os primeiros dentes? ¿E cando saen os definitivos? Neste artigo falamos sobre o proceso da dentición.

Ler máis

Cifras da nosa canle de Youtube de odontoloxía

A canle de Clínica Pardiñas en Youtube segue batendo récords. Estas son as cifras deste proxecto de odontoloxía en 3D.

Ler máis

Problema de empastes – A obturación dental desbordada

Unha obturación dental mal realizada pode ser un foco maior de acumulación de restos de comida e placa, o que pode provocar aparición de carie por baixo do empaste

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.