Actualidade

Enquisa Europea sobre saúde bucodental

Wrigley e GSK publican os resultados dunha enquisa a nivel europeo sobre a saúde oral no marco da súa colaboración coa Plataforma para unha mellor Saúde Bucodental.

Dos 3.500 europeos enquisados, o 70% afirma estar contento coa súa hixiene dental. Non obstante, máis da metade indica que non conserva a súa dentadura natural completa.

Para o Presidente da Plataforma o profesor Kenneth Eaton "Os resultados desta enquisa confirman traballos anteriores e demostran lagoas importantes no coñecemento dos enquisados da saúde oral e os hábitos. As enfermidades bucais requiren tratamentos caros e poden incrementar o risco de diabete, enfermidades cardiovasculares ou cancro. Esta enquisa pon de manifesto que moitos europeos teñen que aproveitar mellor os mecanismos sinxelos e accesibles que poden axudalos a mellorar rapidamente a súa hixiene bucal."

Os hábitos relativos á saúde bucodental varían segundo o país

A enquisa revela varias diferenzas interesantes nas prácticas de hixiene bucal en toda Europa. Por exemplo, os italianos e españois cepillan os dentes con máis frecuencia que os cidadáns do resto de países enquisados, xa que máis do 75% dos enquisados afirmou cepillar os dentes polo menos dúas veces ao día e máis do 35%, polo menos tres veces diarias. Máis ao norte, a situación cambia: só o 12% dos irlandeses e o 8% dos británicos declarou cepillar os dentes tres veces ao día.

O comportamento en canto á duración do cepillado varía tamén segundo o país, en Italia (63%) e España (59%), aínda que máis rigorosos que outros cando se trata doutros hábitos de hixiene dental e prácticas, son máis propensos a cepillar os seus dentes en menos dos 2 minutos recomendados. En contraposición, un 62% dos alemáns teñen unha maior dispoñibilidade por cepillarse os dentes durante 2 minutos ou máis.

Un 70% dos europeos sinala que visita o dentista como mínimo unha vez ao ano.

Entre nacionalidades, os polacos son os que máis acoden ao dentista, cun 19% polo menos tres veces ao ano, aínda que pode estar relacionado cos tratamentos dentais que están a seguir, en lugar de ser un un indicador de hábitos normais.

Os enquisados británicos (46%) e alemáns (44%) mostráronse máis propensos a ir ao dentista dúas veces ao ano, mentres que os franceses (43%) e españois (41%) se limitan a unha vez ao ano.

Case o 31% recoñece que lle dá medo ir ao dentista e o 43% dos europeos afirman ir ao dentista unicamente cando se manifestan complicacións dentais, en lugar de programar as revisións preventivas habituais.

A enquisa tamén indica que os pais europeos dan prioridade á saúde bucodental dos seus fillos. O 73% de pais afirma levar os seus fillos ao dentista mesmo aíndaque non presenten ningunha complicación específica.

O prezo supón un factor condicionante para o coidado dental

Para os europeos que non van ao dentista cada ano, as principais razóns esgrimidas para non o facer son o custo do tratamento dental (40%), non ter problemas dentais (30%) ou considerar que os problemas dentais non son moi graves (28%).

En xeral non se aproveitan os elementos de saúde dental accesibles

Actividades sinxelas e cotiás, como cepillarse os dentes, usar enxaugadura bucal e fío dental e mastigar gomas de mascar sen azucre, poden axudar a manter unha excelente saúde bucodental,pero segundo a enquisa realizada, moitos europeos non aproveitan estes mecanismos.

No caso de España a enquisa revela o seguinte comportamento sobre estes hábitos preventivos:

  • Cepillarse os dentes

Máis do 80% dos enquisados españois afirman crer que un cepillado frecuente dos dentes axuda a previr as caries e a placa dental.Anque son os europeos que se cepillan os dentes con maior frecuencia, aínda o 22% indica que hai o menos de dúas veces ao día. Ademais, a duración dos cepillados é menor dos 2 minutos recomendados.

  • Mastigar goma de mascar sen azucre

Aínda que un 72% dos españois indican que a saliva ten un impacto positivo sobre a saúde bucodental, o 70% dos enquisados non asocia mastigar goma de mascar sen azucre con beneficios para a súa saúde bucodental,a pesar de que se demostrou clinicamente que mastigar goma de mascar sen azucre despois de comer e beber estimula a produción de saliva que axuda a limpar os restos de alimentos, o que neutraliza os ácidos que danan a placa e remineraliza o esmalte dental. O 66% afirma que mastigar goma de mascar sen azucre inmediatamente despois de cada comida é unha boa alternativa cando non podes cepillar os dentes, pero só un 31% indica que este hábito forma parte do seu coidado bucal diario.

  • Utilizar fío dental ou enxaugadura bucal

O estudo tamén pon de manifesto que o fío dental se utiliza pouco. O 36% afirma que nunca usa fío, a pesar de que máis da metade o considera clave para axudar a previr infeccións das enxivas. A enxaugadura bucal recibe unha enorme acollida como mecanismo para combater o mal alento e máis da metade dos enquisados entende o valor da enxaugadura bucal para previr a placa dental e as infeccións das enxivas, o 49% afirma non o usar a diario.

  • Dieta

Unha dieta sa e equilibrada é esencial para gozar dunha boa saúde bucodental. En todo o continente, os enquisados afirman coñecer que produtos afectan positivamente á saúde dental (como verduras, lácteos e auga), así como aqueles que teñen un efecto negativo (por exemplo, fumar, etc.).


"A carie e as enfermidades das enxivas pódense previr doadamente cunha dieta sa e equilibrada xunto con revisións dentais habituais e uns hábitos de hixiene adecuados, como un cepillado correcto con dentífrico con fluor, a limpeza interdental, e mascar goma de mascar sen azucre despois das comidas. Os pequenos hábitos poden marcar a diferenza nunha boca san" afirmou o Dr. Eduardo Chimenos-Küstner asesor médico do programa Orbit®pro en España.

Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental