Especialidades

Cirurxía oral

Rexeneración de óso maxilar en A Coruña

O Plasma Rico en Factores de Crecemento ( PRGF) é un factor máis que axúdanos á hora de rexenerar e previr reabsorcións de óso despois de, por exemplo, unha extracción ou tras a eliminación de quistes.

O PRGF obtense da sangue do propio paciente. Cunha pequena cantidade pódese obter dunha maneira moi sinxela un concentrado plaquetario rico en factores de crecemento, que non son máis que proteínas capaces de estimular o crecemento de tecidos.

Desta maneira podemos preparar áreas futuras de asentamento de implantes dentais.

Con esta técnica podemos tamén rexenerar óso xa perdido, por exemplo en maxilares estreitos. Cando os implantes dentais polo seu grosor expoñen espiras, éstas podemos cubrilas co PRGF axudados ou non con outros materiais para gañar espesor de óso a ese nivel. Tamén podemos gañar altura de óso enchendo os seos paranasais con este material mesturado con sustitutos óseos(sinus lift), poidendo así colocar implantes dentais en zonas posteriores do maxilar superior, territorio en moitas ocasións difícil pola pouca altura de óso case sempre combinada cunha pobre calidade do mesmo.

Plasma rico en factores de crecemento

Enxertos

Os enxertos axúdannos a recuperar tecidos perdidos debido a diferentes causas, xa sexa por extraccións dentais, por quistes ou por necesidade de aumentar a cantidade de óso para poder realizar un tratamento rehabilitador satisfactorio.

No caso dos implantes dentais, para a súa colocación é necesario dispoñer dunha determinada cantidade de óso, tanto en altura e anchura coma en calidade. A utilización dos distintos tipos de enxertos axúdannos solucionar esta falta de tecidos.

Entre os distintos tipos de enxertos existen:

  • Autólogos: obtidos do propio individuo. Pódese extraer óso de diferentes zonas do maxilar ou doutras partes do corpo como pode ser a cadeira ou a morna. A zona de obtención do enxerto estará determinada pola cantidade de óso necesaria e a calidade do óso.
  • De procedencia animal (xenoenxertos): Estes materiais proceden principalmente de orixe bovina ou porcina. Estes materiais son estritamente preparados, esterilizados e pasados polos máis estritos controis para poder ser usados en humanos. Todos eles están aprobados polos organismos competentes para o seu uso.
  • De procedencia humana (aloenxertos): Son os procedentes doutro individuo xeneticamente diferente. Do mesmo xeito que os xenoenxertos, están estritamente procesados para eliminar calquera tipo de antíxeno incompatible presente. Artificiais ( aloplásticos): Estes materiais inclúen a Hidroxiapatita, Sulfato de Calcio, cerámicas etc.

O profesional será o encargado de seleccionar o tipo de enxerto necesario para cada caso.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.