Disfunción temporomandibular e bruxismo
Qué é a disfunción temporomandibular?
A articulación temporomandibular une a mandíbula co cranio, e é a que nos permite masticar e falar. En ocasións existe un problema nesta articulación xa sexa debido a problemas de base como o bruxismo, a anomalías conxénitas dos cóndilos ou debido a unha mala forma de morder. Isto pode desencadear unha serie de síntomas:
- Dor na zona da mandíbula.
- Dor de cabeza.
- Sobrecarga e dor dos músculos do pescozo.
- Limitación na apertura da boca.
- Chasquidos ao mover a mandíbula.
Que é o Bruxismo?
O bruxismo é o hábito de apretar ou rechinar os dentes, normalmente durante as horas de durmir. Normalmente é causado por situacións de ansiedade aínda que tamén pode ter causas xenéticas. A curto prazo, o bruxismo pode provocar desgaste e sensibilidade nos dentes, dores musculares e articulares.
A longo prazo, este desgaste dos dentes pode acabar causando fracturas ou unha diminución considerable do tamaño dos dentes.
¿Cómo se diagnostican as disfuncións témporo-mandibulares?
- O primeiro que se fai é unha historia clínica para coñecer a existencia de sintomatoloxía previa -e/ou patoloxías sistémicas que conlevan problemas articulares- e realízase unha exploración manual, tanto das articulacións témporo- mandibulares como da musculatura facial e cervical.
- Para examinar a oclusión empregamos o T- Scan, dispositivo electrónico co que rexistramos as súas características, asignándolles valores objetivables.
- A posibilidade de reconstruír o cranio e a mandíbula en 3D dános unha información moi valiosa sobre o estado real das superficies articulares, así como da simetría das estruturas faciais e a súa relación. Esta simetría e a relación das bases óseas entre si constitúe o eixo central do diagnóstico cranio facial tridimensional
- Para iso contamos cun escáner CBCT de última xeración.
- Cando, tras estas probas diagnósticas, obtemos indicios de disfunción da articulación témporo- mandibular, recorremos ás resonancias magnéticas nucleares.
- Realizando dous rexistros, un coa boca aberta e outro coa boca pechada, podemos dirixir os nosos plans de tratamento con toda a información necesaria sobre o estado das articulacións témporo- mandibulares.
Cómo se tratan as disfuncións temporomandibulares?
Dependendo do diagnóstico (se é articular ou muscular) e a severidade da disfunción, trátanse con fisioterapia, punción seca, terapia medicamentosa, toxina botulínica, férula de descarga e/ou disco suplementación, chegando á cirurxía nos casos máis graves.
Recomendacións e consellos para aliviar a dor da mandíbula:
A intención desta información é a de ofrecerlle unha serie de consellos xerais que nos axudarán no tratamento da súa patoloxía. Léao atentamente, pois a melloría da súa sintomatoloxía depende en gran parte da súa colaboración.
É moi importante favorecer o repouso, tanto da articulación témporomandibular, como das estruturas asociadas (músculos, columna cervical, etc.) e do organismo en xeral. En ocasións é necesario o uso de antiinflamatorios e analxésicos para aliviar a fase aguda. Así mesmo en casos como o bruxismo unha férula de descarga nocturna permite aliviar a articulación e protexer os dentes de movementos excéntricos.
Repouso Local
- Evite abrir moito a boca: non morda nin parta os alimentos cos dentes (bocadillos, mazás...). Debe partir os alimentos en trozos pequenos.
- Controle o bocexo coa man ou ben baixando o queixo ao peito; evite citas longas co dentista, as exploracións faringolaringolóxicas, intubacións para anestesia... e en xeral todas as maniobras que requiran ter a boca aberta moito tempo de maneira forzada.
- Non aprete nin rinche os dentes. Relaxe a súa mandíbula, mantendo os beizos xuntos e os dentes separados.
- Intente, no posible, falar pouco.
- Elimine hábitos como morderse as uñas, mordisquearse o beizo ou a meixela, morder bolígrafos ou outros obxectos...
- Non coma chicles, caramelos masticables, froitos secos, verduras crúas nin calquera alimento que precise unha masticación prolongada.
- Leve unha dieta semibranda: pasta, verdura cocida, ovos, sopas e cremas...
- Utilización do frío e do calor:
- Frío en lesións recentes e agudizacións de lesións previas
- Calor húmido (panos temperados) en lesións crónicas.
Repouso Xeral
- Adopte unha postura correcta durante o día: espalda ergueita, ombreiros cara atrás.
- Evite suxeitar o teléfono co ombreiro ou utilice os dispositivos adecuados para iso.
- É aconsellable realizar algún exercicio físico suave que manteña o tono muscular xeral. O ideal é a natación, sobre todo os estilos de costas e braza. Non son en cambio aconsellables as disciplinas deportivas bruscas que sobrecarguen as costas, como o aerobic, etc. É aconsellable que o exercicio físico conclúa 4 ou 6 horas antes de dormir.
- Mellore a cantidade e calidade do sono
- Non tome café, refrescos de cola ou alcol antes de ir durmir. Aínda que o alcol poida inducir ao sono ao comezo da noite, tende a fragmentalo durante a segunda metade da noite.
- Interrompa o consumo de tabaco. Se esto lle resulta demasiado difícil, intente polo menos non fumar a partir das 7h da tarde.
- Non coma ou beba grandes cantidades durante as 3 horas previas a deitarse. Nembargantes, a inxesta dunha pequena cantidade de comida á hora de deitarse pode ser útil.
- Manteña o seu dormitorio escuro, tranquilo, ben ventilado, e cunha temperatura ambiental confortable ao longo da noite.
- Evite, na medida do posible, lugares para durmir que sexan pouco familiares.
- O colchón non debe ser nin demasiado brando nin demasiado duro. A almofada debe tener a altura e contextura correcta.
- Evite durmir a sesta sempre que teña dificultades para conciliar o manter o sono.
- Non se deite na cama máis tempo do estrictamente necesario para durmir. Lembre que un exceso de tempo en cama pode disminuir a calidade de sono en noites sucesivas.
- Estableza un ritual para deitarse. Ler antes de apagar a luz pode ser útil, a condición de que a lectura sexa lixeira e non estea relacionada co traballo.
- A inxesta de hipnóticos non é problema, sempre que sexa ocasional.
- Pode ser vantaxoso tomar un baño de auga quente de 30 minutos unhas dúas horas antes de deitarse, de tal maneira que a súa temperatura corporal se eleve en aproximadamente 2 grados centígrados. Tamén unha bebida quente pode axudarlle a relaxarse xa que contribúe a aumentar lixeiramente a temperatura corporal.
- Se pola noite ten preocupacións, escriba nun papel a lista de problemas, así como unha frase contenndo as primeras medidas a tomar durante o día seguinte.
- Se se esperta pola noche, non mire a hora nin fume co fin de relaxarse.
- Se non consegue durmir, non insista. No seu lugar, concéntrese en pensamentos relaxantes e pracenteiros.
- Levántese da cama todos los días da semana á mesma hora.