Dispoñemos dos últimos avances e tecnoloxía utilizados polos nosos especialistas en endodoncia..
A carie é unha das patoloxías dentais máis frecuentes, considérase unha enfermidade infecciosa xa que no seu desenvolvemento involúcranse diversos tipos de bacterias e é aínda a día de hoxe a enfermidade de maior prevalencia no mundo (a máis frecuente). Cando un dente se atopa afectado pola carie, as bacterias desmineralizan (destrúen) os tecidos duros do dente.
Segundo o avance da carie, a lesión do dente pode ser máis ou menos superficial, é dicir, a carie pode afectar só á capa máis externa do dente (esmalte), pero pode continuar avanzando até chegar a afectar tecidos máis internos como a dentina e finalmente a pulpa dental (o nervio do dente).
A causa da carie podería considerarse como o resultado de tres factores: os azucres (a cantidade de azucre que inxerimos na nosa dieta), as bacterias e a susceptibilidade do hóspede (a predisposición que ten unha persoa para desenvolver a carie).
Segundo o grao de evolución da carie (tamaño e profundidade), poden aparecer síntomas que poden ser desde dor ou molestias moi febles, até dor moi aguda ou incapacitante, acompañada de abscesos (flemóns) e mesmo febre. xeralmente, canto máis preto está a carie da pulpa dental (do nervio do dente), máis dolorosa e sintomática adoita ser.
Existen outras causas polas que o nervio do diente se pode ver afectado, como é o caso dos traumatismos (golpes nos dentes, provocados por accidentes deportivos, infantís, de tráfico, etc), que tamén poden producir dolor e situacións de urxencia, que requiren tratamento inmediato.
Por último, pero non por iso menos importantes, debemos falar dos procesos destructivos non bacterianos (desgastes dos dentes). Os desgastes dos dentes poden ser fisiolóxicos (debidos á idade) ou patolóxicos, producidos por hábitos ou “teimas” como un cepillado moi agresivo, o abuso de pastas de dentes moi erosivas, onicofagia (morderse as uñas), o bruxismo (rechinar os dientes e apretar os dentes). En moitos casos, a perda de tejidos do dente é tan acentuada que se pode afectar a pulpa dental (o nervio) provocando diversos síntomas clínicos como sensibilidade dental (dor producida ao tomar cousas frías, alimentos azucarados, ácidos, etc) , dor, abscesos (flemóns).