Especialidades

Implantes dentais

Soporte de óso para a colocación de implantes dentais

A IMPORTANCIA DO SOPORTE ÓSEO NAS REHAILITACIÓNS CON IMPLANTES

No mundo moderno cada vez se coida máis a saúde. A saúde bucodental, para a poboación en xeral, é un apartado moi importante que inflúe na súa calidade de vida e hoxe somos moi esixentes co coidado das nosas bocas. Cada vez máis, cando hai perda de pezas dentarias, solicítase a súa rehabilitación con prótesis dentais fixas que sexan funcionais e estéticas. As clásicas próteses removibles xa casi ninguén quere levalas pola súa incomodidade e por ser, moitas veces, antiestéticas.

En moitas ocasións, cando procedemos a rehabilitar unha boca, atopámonos con verdadeiros problemas por falta de óso adecuado. Os ósos dos maxilares son os "cimentos" que nos van a permitir construir a casa sobre eles.

Cando facemos o estudo do caso temos que analizar distintos parámetros, tales como a oclusión (a forma de morder), o estado das enxivas (saber si hai ou non enfermidade periodontal), valorar retraccións, etc. Unha vez estudadas todas estas variables coas súas probas complementarias correspondentes (estudos radiográficos, etc.) hai que tomar o enfoque terapéutico axeitado.

Moitas veces un caso aparentemente sinxelo pode converterse nun caso complexo simplemente porque pode faltar un pouco de óso baixo a enxiva. Supoñamos que un paciente perde un dente central superior por un golpe; se a táboa ósea externa se fractura, cousa que é moi frecuente, e ensina esa zona ao sorrir, non podemos colocar directamente un implante. Neste caso, antes de insertar o implante ou no mesmo acto, teremos que facer unha rexeneración ósea desa zona e manexar os tecidos brandos adecuadamente para cubrir os defectos existentes.

É frecuente tamén que, nos sectores posteriores do maxilar superior, os seos paranasales (cavidades ocas óseas a ambos os dous lados do nariz) baixen moito (se pneumaticen), casi até o bordo do maxilar, e non nos quede altura ósea axeitada para colocar os implantes. Neste caso haberá que gañar óso en altura a ese nivel facendo unha elevación do seo maxilar (sinus lift), unha técnica que a día de hoxe se considera rutinaria.

Por suposto, a enfermidade periodontal crónica do adulto (piorrea) é a principal causa de perda ósea ao redor dos dentes. En ocasións a atrofia ósea é tal que pode ser moi difícil unha rehabilitación con implantes sen facer enxertos óseos en bloques previos.

Compártao
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental