Especialidades

Implantes dentais en A Coruña

Implantes Cigomáticos

Os implantes dentais pódense considerar como unhas raíces artificiais, xeralmente de titanio puro, que van ancoradas no óso dos maxilares. Sobre estas raíces artificiais axústanse posteriormente os dentes correspondentes.
Os implantes dentais teñen unha lonxitude e diámetro determinado, por tanto para poder ancorarse aos maxilares, necesitaremos un volume mínimo de óso.
Se o óso dispoñible nos maxilares é moi pouco (debemos lembrar que ao perder os dentes se reabsorbe o óso que estaba a rodear ás raíces dos dentes) só nos queda a opción de enxertar óso doutra zona do corpo.
No caso do maxilar superior, para evitar ter que recorrer a enxertos de óso en casos de reabsorcións extremas, optamos polos implantes cigomáticos. Estes son uns implantes moi longos que se ancoran no óso cigomático do maxilar superior (óso do pómulo).
O uso de dita técnica supón unha excelente alternativa no tratamento de pacientes desdentados e con pouca masa ósea na zona do maxilar superior. Para estes pacientes supón unha esperanza no tratamento, facendo posible a confección dunha prótese fixa superior, substituíndo as próteses removibeis no mesmo día ou ao día seguinte da cirurxía.
Vantaxes dos implantes cigomáticos respecto a os enxertos óseos:

  • A gran vantaxe é que cos implantes cigomáticos o proceso é moito máis rápido, non hai tempos de espera; faise unha prótese fixa provisional nas primeiras 24 h. Cos enxertos de óso necesítase un tempo de espera para a maduración do enxerto, o que fai que se dilate case nun ano a colocación dos dentes definitivos.
  • Ten menor custo económico.
  • Non require ingreso hospitalario, faise con anestesia local e sedación consciente.
  • O post-operatorio é reducido. Só se require unha intervención. Cos enxertos de óso requírese un mínimo de 2. O paciente só notará a inflamación e hematomas durante os primeiros días e as leves molestias propias da intervención.

Os implantes cigomáticos son un tratamento revolucionario en pacientes con atrofia ósea severa do maxilar superior.
Como se realiza o tratamento con implantes cigomáticos?
Se parte dun estudo previo exhaustivo do maxilar superior, coa tecnoloxía de última xeración 3D. Co CBCT maxilar e o estudo tridimensional podemos obter o máximo rendemento do óso do paciente.
É evidente que tamén se necesita un estudo complementario da estética do paciente: análise fotográfica e estudo de modelos. Unha vez feito o diagnóstico explícaselle ao paciente o plan de tratamento. Normalmente os implantes cigomáticos compleméntanse con 2 ou máis implantes convencionais na zona anterior.
Nos caso nos que hai moi pouco óso tamén no sector anterior, pódese considerar a colocación de 4 implantes cigomáticos.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.