Especialidades

Implantes dentais en A Coruña

Posibles Complicacións

Cando falamos de criterios do éxito dos implantes dentais, hoxe sabemos que en mans expertas o índice de éxito a longo prazo é do 95%. Loxicamente eses éxitos conséguense seleccionando ao paciente axeitadamente, pero non cabe dúbida de que existe unha pequena porcentaxe de fracasos, aínda realizando todos os protocolos rigorosamente.

Estos fracasos non son debidos ao "rexeitamento" xa que non existe coma tal cando se colocan implantes de calidade contrastada.
Estes fracasos podemos dividilos en precoces e tardíos, e pasaremos a analizar as súas causas. Os fracasos precoces son aqueles que ocorren nos primeros meses trala súa colocación, antes de colocar a prótese sobre eles e poden deberse a que a calidade do óso non sexa a adecuada, de feito hai máis fracasos no maxilar superior que no inferior porque adoita ser un óso máis esponxoso, menos compacto, e en definitiva de peor calidade.

Outro factor que inflúe é a calor que se pode orixinar no fresado previo á colocación do implante dental, polo que é fundamental unha boa irrigación durante o paso sucesivo das distintas fresas (brocas que nos axudan a perforar o óso) e durante a colocación do propio implante dental e, por suposto, traballar coas revolucións axeitadas das pezas de man. Se se produce un sobrequecemento pode producirse unha necrose do óso a ese nivel, co cal o implante non se integrará. Se se exerce moita presión ao fresar tamén se pode danar o óso, impedindo unha boa rexeneración. As fresas deben ter un corte impecable e débense refugar regularmente.
Hai pois que respectar a bioloxía ósea para que os procesos de cicatrización sexan os correctos.

Os fracasos tardíos tales como unha infección tamén nos pode levar ao fracaso do implante. É imprescindible traballar con material estéril e nun ambiente de asepsia.

Se cargamos coa súa prótese uns implantes dentais de manera prematura éstes tamén poden fallar.
Unha vez colocada a prótese, se ésta non axusta perfectamente sobre os implantes dentais, pode crear tensións sobre eles. O axuste debe de ser totalmente pasivo e ensamblarse sen ningún tipo de presión, se non podemos estar a chamar ás portas do fracaso.

O tipo de mordida é importante, os pacientes apretadores e/ou rechinadores nocturnos (bruxistas) poden acabar fracturando un implante ou algún aditamento intermedio por exceso de presión.

A oclusión hai que equilibrala adecuadamente aínda que o paciente non sea bruxista, xa que a masticación é dinámica e hai que buscar a harmonía en todos os seus movementos. Hai determinados tipos de mordidas que poderían contraindicar a utilización dos implantes dentais.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.