Especialidades

Implantes dentais en A Coruña

Tratamento

Primeiro hai que facer un exame e diagnóstico: Exploración bucal, historia clínica, estudos radiográficos, modelos de estudo da boca e demais probas complementarias que o clínico requira en función das necesidades de cada paciente.
Unha vez seleccionado o caso, o tratamento consiste nunha serie de pasos divididos nunha Fase Cirúrxica e unha Fase Protética. Ambas as fases son realizadas por especialistas cunha formación e adestramento específicos na técnica. Se o paciente non ten ningún dente, normalmente non hai que realizar ningún tratamento preparatorio, pero se pola contra hai que extraer algún outro dente en mal estado, é posible que haxa que esperar a que cicatrice o maxilar antes de colocar os implantes (pode requirir 2, 3 ou máis meses). Nembargantes, actualmente moitos casos solucionámolos dunha maneira inmediata, extraemos os dentes, colocamos os implantes dentais, e ás poucas horas colocamos os dentes fixos.

A fase cirúrxica clásica á súa vez ten dous pasos:

  • Primeiro paso: "Instalación do implante ou implantes dentais".
  • Seguindo unha técnica de gran precisión, colócanse as fixacións ou implantes dentais dentro do óso. A operación dura entre 1 e 2 horas e, normalmente, faise con anestesia local. O paciente non ten por qué notar grandes molestias, nin durante a operación nin despois da mesma. Nun maxilar onde non existe ningún dente adóitanse colocar entre 4 e 6 implantes dentais; neste caso non se necesita un implante para cada dente ausente.
  • Segundo paso: "Conexión de pilares".
  • Este segundo paso faise despois dun período de cicatrización de entre 2 e 4 meses segundo se trate do maxilar inferior (mandíbula) ou do superior. Este período de tiempo é fundamental para que ocorra a "oseointegración" e os implantes queden fixados permanentemente ao óso. Para elo realízase unha pequena intervención na cal se conectan unhas extensións, chamadas pilares, aos implantes dentais. Sobre estes pilares conectarase a prótese, terminada nunha fase posterior. Durante o período de "oseointegración" pódese utilizar unha dentadura ou ponte provisional acondicionada, sobre todo para cubrir as demandas estéticas.
  • Na actualidade este segundo paso xa non adoita ser necesario, posto que se o implante dental na súa colocación queda ben ancorado xa se coloca o pilar de cicatrización no mesmo acto.

Terceiro paso: Fase Protética.

  • Cando cicatriza a enxiva tras a segunda fase cirúrxica (máis o menos aos quince días), comézase coa Fase Protética. O primeiro que se fai é tomar unhas impresións da boca. Despois necesitaranse de 1 a 4 visitas, durante as cales se avaliará o axuste, a función e a estética dos novos dentes. É evidente que todo isto establécese na planificación previa.
  • A nova prótese necesitará os coidados e revisións habituais, igual que se se tratase de dentes naturais, posto que aínda que estes novos deentes non van ter caries si poden aparecer problemas na súa emerxencia a través da enxiva.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.