Especialidades

Odontopediatría

Odontopediatría

A odontopediatría é a especialidade que se adica á prevención e tratamento das enfermidades bucais nos nenos desde o seu nacemento ata a adolescencia.

Contamos con odontopediatra na Coruña altamente cualificado para cubrir calquera necesidade que a boca dun neno poida necesitar.

O coidado da boca do bebé debe realizarse no período de lactación cunha serie de medidas adecuadas despois de cada toma de leite. Coa aparición dos primeiros dentes de leite ata o recambio completo polos dentes definitivos deberase seguir supervisando a hixiene bucal do neno.

Tamén se debe realizar o coidado da saúde oral na embarazada, unha nai cunha boca sa terá un fillo cunha boca sa, por tanto o coidado da boca neste período e no de lactación protexerá a boca do bebé.

Na Clínica Médico Dental Pardiñas realizamos un estudo completo da boca identificando os factores susceptibles, así como tratamentos precoces para manter o equilibrio dunha boca sa. Se xa existe patoloxía realizamos os tratamentos restauradores necesarios para restablecer ese equilibrio de saúde e damos unhas instrucións ao paciente para continuar co equilibrio conseguido a longo prazo. A colaboración por parte do paciente é moi importante xa que terá que seguir unhas pautas e efectuar unha serie de cambios de hábitos que protexan a súa saúde bucodental, complementos ideais para o tratamento en clínica.

Traballando en equipo a clínica e o paciente manteremos unha boca sa para toda a vida.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.