Especialidades

Ortodoncia

Dúbidas máis frecuentes sobre ortodoncia

¿Por qué é necesario realizar un tratamento de ortodoncia?

¿Por qué é necesario realizar un tratamento de ortodoncia?
Aínda que o motivo fundamental polo que se demanda un tratamento ortodóntico soe ser o estético, e se ben ter un sonriso agradable con dentes ben aliñados asociase cun estatus positivo a todolos niveis sociais, sobre todo nesta era na que a estética dáselle un gran valor, hai outras razóns para realizar un tratamento de ortodoncia, e que gardan todas elas relación coa saúde.
Por exemplo, en caso de apiñamento dentario para evitar ter unha menor susceptibilidade ante la carie, no caso de dentes protuídos para evitar traumatismos, o evitar agravar problemas periodontais, evitar problemas dixestivos por non poder realizar unha boa masticación e deglución no caso de maloclusións importantes e para que non se xeneren ou perpetúen problemas articulares ou musculares na articulación temporomandibular.

¿A que idade se pode realizar un tratamento ortodóncico?

¿A que idade se pode realizar un tratamento ortodóncico?
O proceso biolóxico implicado en mover os dientes é o mesmo para calquera idade. Tanto os nenos como os adultos pódense beneficiar dos tratamentos ortodóncicos. Recoméndase que todos os nenos reciban unha avaliación ortodóncica cando teñen ao redor de sete anos. Existen casos onde hai que facer unha preortodoncia a estas idades, e outros onde é máis conveniente empezar cando xa teñan todas as pezas definitivas na boca (aos 11 - 13 anos).
Como os ósos dos adultos xa non crecen máis, certas correccións ás veces non se poden realizar unicamente mediante aparellos ortodóncicos.

¿Qué é unha preortodoncia?

¿Qué é unha preortodoncia?
É un tratamento que hai que realizar en edades tempranas cando se identifican determinados problemas na dentición de leite, como poda ser, por exemplo, unha mordida cruzada ou outros problemas oclusais que xustifiquen actuar sobre eles para prevenir maiores problemas futuros.
Nestos casos hai que intentar realizar un tratamento para guiar da mellor maneira posible a forma de morder. Unha vez completada a erupción das pezas definitivas, e nunha segunda fase, faríase a ortodoncia convencional.

¿Existe algunha limitación para realizar unha ortodoncia?

¿Existe algunha limitación para realizar unha ortodoncia?
Si. Ao igual que o implantólogo necesita dunha certa cantidade y calidade de óso, o ortodoncista tamén necesita unhas proporcións adecuadas dos ósos maxilares nos tres planos do espazo. O maxilar superior e inferior deben ter unhas proporcións dentro duns parámetros determinados. Na ortodoncia non sólo hai que fixarse nos dentes, os ósos onde asentan as raíces son fundamentais.

¿Qué ocorre cando non se dan esas proporcións?

¿Qué ocorre cando non se dan esas proporcións?
Cando estas proporcións óseas están claramente fóra da norma, o ortodoncista pode alinear os dentes pero logo non poderá conseguir unha boa mordida. Non poderá facer engranar perfectamente esas dúas arcadas entre sí. Nestos casos, para solucionar adecuadamente o problema, necesitarase un tratamento multidisciplinar. Previo diagnóstico do ortodoncista e tratamiento conxunto co ciruxano maxilofacial, realizarase a cirurxía ortognática necesaria a cada caso, co obxetivo de facer coincidir ambas arcadas, dando o ortodoncista os axustes finais a esa oclusión.

Cada vez demandase máis ortodoncia en adultos. ¿Existe algunha contraindicación?

Cada vez demandase máis ortodoncia en adultos. ¿Existe algunha contraindicación?
Ningunha distinta á que se poda dar nun adolescente. Básicamente, o tratamento é o mesmo, se ben poden existir máis limitacións, sobre todo porque pode haber unha ausencia de pezas ou por unha enfermidade periodontal máis ou menos establecida, o cal implica a corrección, xeralmente previa, desa enfermidade periodontal. Asimesmo, poden ser necesarios tratamentos adicionais como implantes dentais ou prótesis fixas para que o tratamento rehabilitador oclusal, que é o obxectivo último dunha boa ortodoncia, sexa óptimo.

¿Cál é entonces o obxectivo dun tratamento ortodóntico?

¿Cál é entonces o obxectivo dun tratamento ortodóntico?
O fundamental é conseguir unha correcta oclusión. En contra do que xeralmente se demanda, nunha consulta de ortodoncia a estética non é o obxectivo fundamental para o ortodoncista, senon conseguir unha boa funcionalidade. De cualqueira maneira, se se consegue unha boa oclusión, a estética xeneralmente vai parella. Busquemos unha boa oclusión e atoparemos un fermoso sorriso.

¿Cales son as causas dos problemas ortodóncicos?

¿Cales son as causas dos problemas ortodóncicos?
Un problema ortodóncico é unha "falta de oclusión adecuada". Algúns exemplos de causas desta falta de oclusión poden ser dentes que faltan, máis dentes dos normais, maxilares non aliñados, ou dentes que non crecen rectos.
A maioría das faltas de oclusión hérdanse, ainda que tamén se poden adquirir. As faltas de oclusión adquiridas poden ser causadas por accidentes, perda temperá ou tardía dos dentes de leite, ou succión de dedos durante un tempo prolongado.

¿Como se corrixen os problemas ortodóncicos?

¿Como se corrixen os problemas ortodóncicos?
En primeiro lugar, realízanse anotacións previas ao tratamento. Estas anotacións son ferramentas importantes para o ortodoncista para realizar un diagnóstico seguro. Deben incluír a historia médica e dental do paciente, un examen clínico, fotografías, radiografías da boca e os dentes, e un molde de xeso dos dentes. Esta información usarase para decidir o mellor tratamento.
Normalmente trázase un tratamento adaptado a cada caso. Constrúese o dispositivo ou aparello apropiado. Hai moitos tipos de aparellos que se poden usar.
Cando se coloca o aparello ortodóncico comeza a fase de "tratamento activo". Os aparellos axústanse periódicamente para asegurar que os dentes se moven na direccion correcta e de forma eficiente.
O tempo necesario para o tratamento ortodóncico varía para cada persoa. Un factor importante para a duración do tratamento é o ben que o paciente coopere durante o tratamento, é dicir se segue todas as instruccións entregadas polo ortodoncista.

¿Existen aparellos ortodóncicos que se noten menos?

¿Existen aparellos ortodóncicos que se noten menos?
Os aparellos ortodóncicos da actualidade nótanse, por regra xeral, moito menos que os de fai uns anos. Os brackets (a parte do aparello que suxieta os arames) están pegados á parte frontal do dente.
Os arames na actualidade fanse de materiais avanzados que exercen unha presión constante no dente, conseguindo un proceso de movemento máis rápido e máis cómodo para os pacientes.

Canto tempo dura o tratamento ortodoncico?

Canto tempo dura o tratamento ortodoncico?

Ainda que o tempo medio de tratamento é de 12-18 meses, isto varía para cada paciente. Outros factores a ter en conta son a gravidade do problema, a saúde do dente, encías e ósos, e como o paciente segue as indicacións do ortodoncista.

Aínda que o tratamento ortodóncico require un compromiso temporal, la maioría dos pacientes cren que os beneficios compensan el tempo investido.

¿Como cepillarse os dentes ao ter o aparello posto?

¿Como cepillarse os dentes ao ter o aparello posto?
Unha vez cun aparello ortodóncico, o cepillado necesitará un poco máis de tempo e de pericia porque ao levar brackets existen máis recunchos onde se acumula con máis facilidade a placa dental.

Pódese colocar ortodoncia se faltan dentes?

Pódese colocar ortodoncia se faltan dentes?
Si, é totalmente posible, pero fai que o tratamento sexa máis complexo, ben pola dificultade á hora de montar o aparello ortodóncico en determinadas rexións, ou pola propia dificultade de estabilizar algúns dentes para mover outros, a denominada ancoraxe ortodóncico. Unha das solucións que traballamos na Clínica Médico Dental Pardiñas é xustamente o uso das ancoraxes esqueléticos, en especial as miniplacas, para controlar os movementos dentarios e anular os efectos colaterais, facendo a mecánica máis eficiente compensando a falta dalgúns dentes. Ademais, traballamos con alta tecnoloxía para realizar simulacións dos tratamentos en software de última xeración e poder definir o posicionamento dalgúns implantes, antes mesmo de iniciar o tratamento ortodóncico, o que se coñece como Planificación Inversa en Ortodoncia.

Compártao
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental