Especialidades

Psicoloxía

Traballamos con diversas estratexias e técnicas para que as persoas descubran habilidades e recursos que xa posuían e/ou desenvolvan outras novas para xestionar o día a día

A Terapia Familiar fai referencia a diversos enfoques psicoterapéuticos como pode ser o cognitivo- conductual, a terapia breve ou centrada en solucións, a terapia narrativa ou a estrutural, pero sempre desde un punto de vista sistémico. Este marco teórico ten unha concepción particular de ver os conflitos e problemas humanos, así como de cooperar co paciente/usuario durante todo o proceso de terapia para afrontar e relacionar ata atopar solucións.

A premisa principal deste modelo é que o cliente/usuario, a familia e a interacción terapeuta-cliente son considerados sistemas, e é aí onde xorde a conduta interpersoal, sexa patolóxica ou non. Todos somos parte dun sistema, ben individual (cun mesmo), conxugal, familiar, veciñal… como un microsistema de relacións, ou a nivel macro, como son o colexio, a universidade ou a empresa.

Na Clínica Médico Dental Pardiñas, traballamos con diversas estratexias e técnicas para que as persoas descubran habilidades e recursos que xa posuían e/ou desenvolvan outras novas para xestionar o día a día nos retos laborais, educativos, emocionais, familiares… Nesta sociedade cada vez máis complexa, ás veces é necesario engadir un plus de seguridade para sentirse fortalecido ante situacións que esixen flexibilidade, comprensión, empatía e versatilidade porque a rixidez non serve de moito.

Como modelo centrado no presente e no futuro, as persoas poderán asumir o control dos cambios e o rumbo da súa vida da forma máis adaptativa posible. Xa é un mito do pasado aquilo de “vou ao psicólogo porque estou enfermo dos nervios”. Os profesionais sabemos que o discurso crea realidades e por tanto cambiando o discurso (o interno e/ou o externo) a persoa poderá construír outra realidade diferente, axustada á vida que desexa vivir, sen malestar ou co menor posible.

Os tratamentos psicoterapéuticos sempre son personalizados, de curta duración e con cita previa.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.