Especialidades

Rexuvenecemento facial

Ácido Hialurónico en A Coruña

A estrutura da pel está apoiada pola matriz extracelular, que lle confire elasticidade e resistencia á pel. A matriz extracelular é unha estrutura composta por proteínas e fibras, producida principalmente por fibroblastos. O compoñente que une estes elementos é o coláxeno, unha proteína que garante a integridade estrutural da pel. Os fibroblastos esténdense e contraen a través da rede de coláxeno. Durante o proceso de envellecemento, as fibras de coláxeno deterioran, o que provoca unha perda de tensión mecánica e a aparición de engurras.

Cómo funciona o ácido hialurónico?

Os recheos dérmicos como o ácido hialurónico inxéctanse directamente na derme profunda, creando un recheo inmediato e corrixindo a perda de volume localizada. O ácido hialurónico é o responsable de manter os niveis de humidade da pel, xa que ten a propiedade de reter a auga. Ademais, tamén se estimula a actividade dos fibroblastos, facilitando a creación de novo coláxeno. Co paso do tempo, o novo coláxeno fortalecerá a estrutura da derme e as microesferas portadoras vanse reabsorbindo gradualmente, dando paso á creación de elastina.

Para que se usa?

  • Eliminación ou corrección de engurras
  • Recheo de beizos
  • Recheo facial

Cal é a súa duración?

Dependendo do tipo de material empregado e da área tratada, os resultados poden durar aproximadamente 1 ano.

Ten algún efecto secundario?

É importante que a aplicación do ácido hialurónico sexa realizada por un profesional cualificado para evitar posibles complicacións.
O ácido hialurónico é un composto que se crea de forma natural no noso corpo, polo que a súa aplicación é reversible e reabsorbese aos poucos meses.

Compártao
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental