Actualidade

As caries: que son e como podemos evitalas?

A carie dental é unha enfermidade infecciosa provocada por unha bacteria. Aquí deixámosvos unha serie de consellos para evitar a súa formación.A carie dental é unha enfermidade infecciosa provocada por unhas bacterias que existen na cavidade oral. Estas bacterias no seu metabolismo fabrican uns ácidos que son capaces de destruír o esmalte dental. Unha vez que penetra no esmalte o seu avance é imparable posto que a dentina, estrutura que está debaixo do esmalte, é moito máis branda e a súa destrución máis rápida. Se non se atalla nestes estadíos pode invadir a polpa (nervio) provocando a típica dor de moas. Se isto acontece xa é necesario facer a endodoncia da peza ou a súa extracción se a destrución da devandita peza é moi importante. O esmalte dental é a estrutura máis dura do corpo, máis que o óso cortical. Non obstante a calidade deste esmalte non é igual en todas as persoas, a xenética de cada individuo vai determinar a resistencia ao ataque das caries sendo polo tanto este un factor fundamental.


O ESMALTE DENTAL É O ELEMENTO MÁIS DURO DO CORPO HUMANO


Outros factores moi importantes que interveñen no desenvolvemento das caries son a existencia ou non de placa dental, o tipo de alimentación e a cantidade de fluor que se inxire. A placa dental ou bacteriana é esa materia branco-amarelenta que se deposita sobre os dentes cando estes non se cepillan axeitadamente, entre outras cousas está formada por bacterias, restos celulares da boca e residuos de alimentos. Se permanece moito tempo sobre os dentes o esmalte rematarase perforando e tanto máis canto máis "débil" sexa.


Os alimentos que son doce e pegañentos como o chocolate, galletas, bolería, lambetadas, etc., son os ideais para engordar esas bacterias posto que os hidratos de carbono son a base fundamental na súa alimentación. Entre os alimentos carioxénico hai que citar tamén o plátano e as uvas e dentro das bebidas todas as que sexan carbonatadas como os refrescos en xeral e sobre todo as colas. Hai persoas que toman moita coca-cola e só este feito xunto a un esmalte pouco resistente lles provoca unha gran cantidade de carie.


O fluor é un elemento fundamental na mineralización do esmalte polo tanto é imprescindible saber se a auga de bebida ten o fluor axeitado e se non é así hai que dar suplementos correctos sobre todo durante o período de formación dos dentes.

 

* Unha publicación do doutor José Pardiñas Arias, médico estomatólogo experto en implantes dentais, enfermidades das enxivas e prótese.

Presentamos nova Web

Así é a nova web de Clínica Médico Dental Pardiñas, unha páxina coa que trataremos de ofrecer aos nosos pacientes o mellor servizo online posible.

Ler máis

A osteointegración dos implantes dentais

A osteointegración é o proceso que realiza o corpo humano para crear unha conexión directa e funcional entre o óso e a superficie dos implantes dentais.

Ler máis

Problema de empastes – A obturación dental desbordada

Unha obturación dental mal realizada pode ser un foco maior de acumulación de restos de comida e placa, o que pode provocar aparición de carie por baixo do empaste

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.