Actualidade

Florin Andone recibiu o II Premio Fundación Clínica Pardiñas

 Florin Andone, o dianteiro do Deportivo da Coruña, recibiu o II Premio Fundación Clínica Pardiñas. Así foi a cerimonia de entrega.Florin Andone, o dianteiro do Deportivo da Coruña, recibiu o pasado mércores 19 de xullo o Premio Fundación Clínica Pardiñas ao ser o xogador mellor valorado polos usuarios do Riazor.org na presente tempada.

Como non podía ser doutra maneira, na gala de entrega non estivemos só o equipo da Fundación e o xogador, senón que tamén nos acompañou Víctor Losada, director de Riazor.org, Carolina Dez, xogadora do Orzán, e Anita González, porteira do Deportivo Feminino. Toda a cerimonia foi retransmitida en directo en Radio Marca Coruña, nun programa capitaneado por Óscar Martínez. Podedes escoitar a gala íntegra no seguinte podcast.

Florin Andone, o xogador deportivista, mostrouse moi contento por recibir o galardón, e afirmou que é a súa ambición o que lle fai destacar no campo. Tamén tivo unhas palabras de agarimo e agradecemento para a afección branquiazul, moitos alí presentes. Todos os afeccionados asistentes tiveron a oportunidade de facerse unha fotografía con Andone, e moitos deles recibiron ademais material asinado polos xogadores do Depor.

Por segundo ano consecutivo, a Fundación Clínica Pardiñas patrocinou o premio ao mellor xogador do Deportivo durante a tempada. Este patrocinio axúdanos a dar a coñecer o labor solidario da fundación coa que, desde 2013, ofrecemos máis de 80 tratamentos odontolóxicos a pacientes galegos economicamente desfavorecidos.

Para todo o equipo da nosa clínica é un orgullo poder achegar o noso gran de area solidario ao día a día da sociedade galega. Só quédanos dar as grazas por todas as institucións e particulares que colaborades día a día connosco e facédelo posible.

Simón Pardiñas y Florín Andone

Presentamos nova Web

Así é a nova web de Clínica Médico Dental Pardiñas, unha páxina coa que trataremos de ofrecer aos nosos pacientes o mellor servizo online posible.

Ler máis

A osteointegración dos implantes dentais

A osteointegración é o proceso que realiza o corpo humano para crear unha conexión directa e funcional entre o óso e a superficie dos implantes dentais.

Ler máis

Problema de empastes – A obturación dental desbordada

Unha obturación dental mal realizada pode ser un foco maior de acumulación de restos de comida e placa, o que pode provocar aparición de carie por baixo do empaste

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.