Actualidade

Fundación Pardiñas ofrece exploracións gratuítas para detectar cancro oral

Concienciados co Día Mundial do Cancro que se celebra o próximo mércores, día 4 de febreiro, a nosa Clínica Pardiñas procurará exploracións gratuítas para detectar calquera anomalía relacionada co cancro oral.

Todas aquelas persoas que se acheguen ao centro recibirán unha análise bucodental completa e totalmente indolora que se realizará en escasos minutos para comprobar se existe calquera problema que poida afectar á saúde oral.

Esta iniciativa solidaria impulsada polos nosos doutores da Fundación Pardiñas nace coa finalidade de concienciar os pacientes a realizarse exploracións anuais na boca, garganta e lingua xa que segundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica, máis de 4.000 españois son diagnosticados cada ano con cancro oral, unha enfermidade que, por desgracia, causa máis de 1.000 mortes anuais, o que se traduce é 3 mortes diarias.

Non obstante, estas desvastadoras cifras poderíanse modificar para ben xa que o principal problema do cancro oral é que se diagnostica, na súa gran maioría, en etapas moi avanzadas xa que ao inicio da enfermidade non presenta síntomas detectables a simple vista, nin xera molestias nin doenzas.

Ademais, o feito de non fumar ou non beber en exceso non exime unha persoa a parecer cancro oral. Desafortunadamente, a día de hoxe desatáronse todas as alarmas entre os sectores máis novos xa que cada vez máis público con idades inferiores a 40 anos presenta cancro oral debido ao desenvolvemento do coñecido virus Papiloma Humano que se contrae a través do contacto íntimo. Por iso, todos os doutores e dentistas recomendan realizar revisións orais unha vez ao ano para evitar o desenvolvemento de enfermidades canceríxenas.

Por último, destacar que a nosa clínica dental será o primeiro centro en Galicia encargado en ofrecer aos pacientes un exame oral gratuíto, exhaustivo e exacto sobre a saúde bucodental. A nosa tecnoloxía Identafi permitiranos detectar calquera síntoma de cancro oral. Por iso, invitamos todos os nosos pacientes e persoas que o desexen a reservar cita o próximo 4 de febreiro de 16 horas a 20 horas e a realizarse unha exploración. Esperámosvos!

Máis información en Fundación Clínica Pardiñas.

Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental