Actualidade

Halitose - Causas do mal alento e como evitalo

A halitose é o mal alento. Moitas persoas ao falar desprenden un olor característico que para elas mesmas ou para os demais resulta desagradable. A halitose pode ser un signo e síntoma ao mesmo tempo ou ser só un deles; o paciente pode padecer o problema e non ser consciente del ou pola contra non padecelo e crer que o ten.

O alento humano en condicións normais está desprovisto de olor desagradable, sendo lixeiramente estoxadizo e característico. Tamén pode variar en función dos días. Mesmo cando se debe a un proceso patolóxico crónico pode presentar variacións, dependendo tanto da secreción salival, coma dos residuos alimentarios ou da placa bacteriana.

Que é a halitose?, cales son as súas causas?, como podemos evitala? Nesta publicación damos resposta a distintas preguntas sobre o mal alento.CAUSAS DA HALITOSE

Por outro lado o olor que emana da boca non é constante ao longo do día; é máis intenso ao levantarse que durante o resto do día, xa que durante o sono deixamos de producir saliva que mantén a boca limpa de residuos, sen saliva as células mortas e bacterias se adhiren á lingua e meixelas producindo malos olores, máis antes de lavar os dentes que despois, máis intenso no xaxún prolongado e especialmente intenso despois de certas comidas. Alimentos como o allo, cebola, os picantes, alcohol e restos de comida producen mal alento sendo estas causas externas.

Unhas bacterias que habitan na superficie posterior da lingua producen uns gases que ocasionan olores desagradables. A sequidade de boca, os cambios hormonais, a morfoloxía da lingua, son algúns dos factores que favorecen a proliferación destas bacterias.

Afeccións dentais como a carie, problemas nas enxivas ou infeccións bucais son outras causas de halitose, así como próteses fixas mal adaptadas (provocando así acúmulo de residuos que se non se eliminan se irán descompoñendo), ou removibles que non se manteñen en condicións hixiénicas correctas.

REMEDIOS PARA O MAL ALENTO

No 90% dos casos o mal alento ten a súa orixe na boca e non no estómago, isto trátase cunha correcta hixiene dental cepillando os dentes e enxivas mínimo dúas veces ao día, sen que se lle esquece a lingua que tamén se cepillará ou usará un instrumento que se chama "raspador lingual" tamén existen no mercado enxaugaduras específicas que o seu dentista lle recomendará. E algo moi importante facer as visitas periódicas ao dentista para descartar carie, xenxivite, piorrea, etc. Teniendo unha boca "saneada" solucionarase senón todo, a maior parte de halitose ou mal alento. Nun 10% dos casos de halitose non é de orixe oral (enfermidade hepática, renal, diabete, farinxite, sinusite...); por iso, nestas circunstancias será necesario acudir ao especialista para tratar axeitadamente o problema.


* Unha publicación do doutor José Pardiñas Arias, médico estomatólogo experto en implantes dentais, enfermidades das enxivas e prótese.

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental