Actualidade

O medo a ir ao dentista transmítese entre os membros da familia.

O medo a ir ao dentista transmítese entre os membros da familia.O temor dos nenos a acudir á consulta do dentista, un problema frecuente en odontoloxía pediátrica, é transmitido polos seus proxenitores, segundo un estudo que se publica no International Journal of Paediatric Dentistry.

O estudo analiza de forma diferenciada o papel do pai e o da nai neste sentimento. "Ademais da transmisión emocional do medo ao dentista entre os membros da familia, identificamos o papel relevante dos pais con respecto ás nais no contaxio desta fobia", explica América Lara Sacido, unha das autoras. Para a investigación, científicos da Universidade Rei Juan Carlos de Madrid, estudaron 183 nenos de entre 7 e 12 anos e os seus pais.

O reto é conseguir que os pais acudan á consulta manifestando ausencia de preocupación para "poder inducir no neno o estado axeitado para a atención dental", dixo Sacido.

Un factor clave: o pai

Os autores confirmaron que canto máis alto é o nivel de medo dentista ou ansiedade nun dos membros de familia, maior é o nivel tamén no resto da familia. "Aínda que os resultados deben ser interpretados con cautela, os nenos parecen poñer atención principalmente ás reaccións emocionais dos pais cando analizan se a situación no momento de ir ao dentista é potencialmente estresante", afirma Lara Sacido.
En consecuencia, a transmisión do medo da nai ao neno, xa sexa un aumento ou unha redución da ansiedade, pode estar influenciado polas reaccións que o pai mostra no dentista.

Contaxio emocional positivo

Entre as posibles implicacións destes resultados, os autores describen os dous máis sobresaíntes: a necesidade de involucrar as nais, e especialmente os pais, nas campañas de prevención do medo ao dentista; e de facer que os pais non mostren signos de medo ou ansiedade cando acudan ao dentista.
"Con respecto ás visitas á clínica dental, o traballo cos pais é clave. Deben mostrarse relaxados como unha forma directa de asegurar que o neno tamén está relaxado", sinala o autor. "A través da ruta de contaxio emocional positiva na familia, pódese lograr unha actitude correcta no neno para que as visitas ao dentista non sexan un problema", conclúe.

 

ScienceDaily (Nov. 16, 2012) 

Etiquetas #medo dentista
Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental