Actualidade

Os nosos doutores fórmanse en estética dental e en rehabilitación oral

Dr. Alejandro Davila asistiron ao curso intensivo de “Rehabilitación Oral Adhesiva e Minimamente Invasiva” impartido polo Dr. Oswaldo Scopin en MadridA formación do noso equipo médico é un dos alicerces básicos da nosa clínica. En Clínica Dental Pardiñas somos conscientes da importancia desta ferramenta para ofrecer aos nosos pacientes os diagnósticos máis precisos e os tratamentos máis efectivos.

Unha proba diso é que o Dr. Alejandro Davila e a Dra. Carmen López Prieto recibiron recentemente senllas formacións odontolóxicas. Por unha banda, o Dr. Davila acudiu a un curso teórico-práctico de Odontoloxía Estética, impartido polo Dr. Ronaldo Hirata o pasado 14 de setembro en Madrid. A parte práctica da formación consistiu na realización de estratificaciones de composite de alto compromiso estético co paciente. O Dr. Hirata, o encargado da formación, é profesor na New York University e director do Curso de Especialización en odontoloxía restauradora. A día de hoxe é un dos conferenciantes máis valorados internacionalmente no campo da rehabilitación estética. 

Doutra banda, o 15 e o 16 de setembro a Dra. Carmen López e o Dr. Alejandro Davila asistiron ao curso intensivo de “Rehabilitación Oral Adhesiva e Minimamente Invasiva” impartido polo Dr. Oswaldo Scopin en Madrid. Nesta formación presentáronse as últimas técnicas e avances en rehabilitación estética en tratamentos minimamente invasivos. O Dr. Scopin é profesor do Curso de Especialización en Odontoloxía Restauradora CETAO-SP e ILAPEO-PR e é unha das figuras máis relevantes na actualidade no referente a adhesión dental.

Tanto a Dra. López como o Dr. Davila coinciden na alta calidade das formacións recibidas, o que nos vai a permitir ofrecer aos nosos pacientes un servizo máis completo de estética dental e rehabilitación oral.

Dra. Carmen López asistiron ao curso intensivo de “Rehabilitación Oral Adhesiva e Minimamente Invasiva” impartido polo Dr. Oswaldo Scopin en Madrid

Presentamos nova Web

Así é a nova web de Clínica Médico Dental Pardiñas, unha páxina coa que trataremos de ofrecer aos nosos pacientes o mellor servizo online posible.

Ler máis

A osteointegración dos implantes dentais

A osteointegración é o proceso que realiza o corpo humano para crear unha conexión directa e funcional entre o óso e a superficie dos implantes dentais.

Ler máis

Problema de empastes – A obturación dental desbordada

Unha obturación dental mal realizada pode ser un foco maior de acumulación de restos de comida e placa, o que pode provocar aparición de carie por baixo do empaste

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.