Actualidade

Clínica Médico Dental Pardiñas no teu móbil

 Presentamos a app de Clínica Médico Dental Pardiñas, unha aplicación para o móbil que permitirá aos pacientes acceder a súa información desde o SmartphoneTras varios meses traballando neste proxecto, por fin podémosvos presentar a APP de Clínica Pardiñas, unha aplicación para o móbil que permitirá aos nosos pacientes acceder a súa información desde o Smartphone. Con esta aplicación, os pacientes da nosa clínica poderán consultar:

  • Citas: neste apartado terán un rexistro de todas as súas visitas a nosa clínica, tanto as pasadas como as que están por vir.
  • Receitas: desde esta sección poderán ver se teñen que tomar algún medicamento durante o seu tratamento e a posoloxía de consumo.
  • Imaxes: as radiografías e imaxes de interese do paciente serán accesibles desde este apartado.
  • Tratamento: aquí poderá recibir información sobre os tratamentos recibidos na nosa clínica médico dental e sobre os tratamentos pendentes.
  • Pagos: todos os pagos que o paciente realizase na nosa clínica quererán recollidos neste epígrafe.
  • Noticias: desde a aplicación móbil de Clínica Pardiñas poderase acceder ás últimas noticias colgadas na nosa web.
  • Falamos?: desde este botón poderase chamar directamente á clínica.
  • Redes Sociais: poderá acceder a todas as nosas redes sociais desde este apartado.

A aplicación de Clínica Pardiñas xa pode ser descargada gratuitamente tanto para Android como para IOs. Podédela atopar co nome “Clínica Médico Dental Pardiñas”

Descarga aquí a APP de Clínica Pardiñas para Android

Coa aplicación de Clínica Dental Pardiñas buscamos axudar aos nosos pacientes e darlle un acceso instantáneo a toda a súa información médica. Unha vez máis, poñemos a tecnoloxía ao servizo dos nosos pacientes.

App Clínica Pardiñas

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental