Actualidade

A nosa fundación acollerá o curso modular Sistemas Ertty de ortodoncia

A sede da Fundación Clínica Pardiñas acollerá, entre marzo 2018 e setembro 2019, o Curso Modular Sistemas Ertty de ortodoncia, un método innovador e de excelentes resultados.A sede da Fundación Clínica Pardiñas acollerá, desde marzo do 2018 a setembro de 2019, o Curso Modular Sistemas Ertty de ortodoncia. O Sistema Ertty é un método de ortodoncia innovador que permite un tratamento máis rápido e eficaz cuns resultados máis estables a longo prazo.

Esta metodoloxía baséase nun diagnóstico en 3D de alta precisión e nunha liña de pensamento construída ao redor da ortodoncia, disfunción temporomandibular e oclusión, proporcionando tratamentos que preservan o soporte periodontal, as articulacións temporomandibulares e todo o sistema estomatognático. Os obxectivos desta formación serán:

  1. Presentar os recursos tecnolóxicos máis novos no proceso de diagnóstico e planificación multidisciplinar – Protocolo SYM®3D.
  2. Demostrar unha secuencia mecánica eficaz, realizada nun curto período de tempo, con menor custo biolóxico para o paciente.
  3. Presentar todos os sistemas sen a necesidade de empregar aparatología extrabucal.
  4. Ensinar a confeccionar aparellos dos Sistemas Ertty.
  5. Conceptualizar as mecánicas avanzadas e a preparación ortocirúrxica non convencional.
  6. Ensinar como utilizar as miniplacas e os miniimplantes en tratamentos de alta complexidade.
  7. Interrelacionar a Ortodoncia coa Rehabilitación Oral, Odontoloxía Estética, Cirurxía Ortognática e Implantología.
  8. Instruír sobre a importancia da tomografía computarizada como medio de diagnóstico diferencial na relación da ATM coa maloclusión.
  9. Aclarar a relación entre Ortodoncia e os factores oclusais de risco para a DTM.
  10. Presentar as novos paradigmas – Osteodoncia: Demostrar e aplicar os conceptos do 3DVD® - Tridimensional Virtual Diagnose.

Sistemas Ertty Ortodoncia

A formación será impartida polos doutores Ertty Silva, Sérgio Pinho e Carlos Alberto Gasque, ademais de contar coa colaboración de doutóra Carmen López. O curso dividirase 10 módulos teóricos, prácticos e demostrativos, que ofrecerá ao alumno un novo universo para diagnósticos e tratamentos, desde a infancia ata adultos de alta complexidade. Os módulos serán os seguintes:

  1. Diagnóstico e planificación.
  2. Ertty gap II e III
  3. Mecánica Avanzada con mini-placas
  4. Ortodoncia rehabilitadora.
  5. 3DVD tridimensional virtual diganosis.
  6. Novos paradigmas da osteodoncia.
  7. Preparación ortocirúrxica non convencional.
  8. Disfunción temporomandibular.
  9. Ortopedia funcional dos maxilares.
  10. Finalización, oclusión e consideracións finais.

Esta formación en sistemas de ortodoncia Ertty é unha aposta máis de Clínica Pardiñas por seguir mellorando a calidade dos tratamentos dos pacientes. Podedes atopar máis información na páxina web e no seguinte vídeo.

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental