Actualidade

Clínica Pardiñas, a mellor comunicación dental de España

O proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas foi recoñecido como o mellor dentista de España en comunicación e márketing nos premios Gaceta Dental, os máis prestixiosos do país no ámbito da odontoloxía. A gala foi celebrada o 15 de setembro no Palacio Duques de Pastrana en Madrid e o Dr. Simón Pardiñas foi o encargado de recoller o trofeo. 

Clínica Pardiñas, máis de 10 anos de divulgación bucodental na internet

Este recoñecemento é froito dunha longa traxectoria apostando pola comunicación e información ao paciente dunha maneira clara, sinxela e con rigor científico. Tras máis de 10 anos xerando contido, Dentalk.tv é a canle dental máis grande do mundo en YouTube. Con cifras que roldan os 300 millóns de visitas e os 900.000 subscritores, a nosa clínica é unha referencia internacional no sector da saúde oral. Xa a comezos dos anos 2000, a clínica apostou polos medios online, sendo un dos primeiros centros dentais en España en contar cunha páxina web.


O Dr. Simón Pardiñas, a cara visible de Dentalk.tv

Este premio é tamén un recoñecemento ao labor do doutor Simón Pardiñas, a cara visible do proxecto. O odontólogo galego é un asiduo colaborador e divulgador científico en diversos medios de comunicación nacionais e internacionais, tanto de televisión, prensa, radio e dixital.



Por todo iso, ser galardoados por un medio de comunicación da talla de Gaceta Dental é todo un orgullo para nosa clínica e o noso equipo, un pulo cara a adiante para seguir facendo chegar a información odontolóxica a todos os lugares do mundo.

Compártao

Todo sobre as incrustaciones dentais

As incrustaciones dentais son unha alternativa terapéutica para restaurar dentes que sufriron unha gran destrución.

Ler máis

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental