Actualidade

A piorrea (periodontite) si se cura

A piorrea si se cura

Esta afirmación é correcta sempre e cando se detecte nunha fase precoz, lévese a cabo un tratamento adecuado por parte do profesional e un mantemento correcto por parte do paciente. 

A enfermidade periodontal é unha enfermidade crónica infecciosa do aparato de soporte dos dentes. É un fallo dos "alicerces" dos dentes. Acábase destruíndo o óso que rodea ás raíces xunto co seu ligamento periodontal, provocando en estadíos finais a mobilidade e perda dentaria. É provocada por uns xermes que están na placa bacteriana e no sarrio.

Para que se desenvolva necesítase unha susceptibilidade individual a padecela e a presenza de placa e/ou cálculo (sarrio dental). A súa evolución adoita ser crónica e case sempre asintomática. Só hai uns signos característicos que son o sangrado de enxivas, mal olor (halitose) e sabor de boca. Cando xa está relativamente avanzada ademais hai mobilidade de pezas e nalgúns casos formación de abscesos debaixo das enxivas.

A máis frecuente é a enfermidade periodontal crónica do adulto, sendo a primeira causa de perda de dentes nesta época da vida por diante das caries e traumatismos. Se se presenta en épocas temperás (nenez ou adolescencia) a súa evolución en xeral é máis agresiva perdéndose os dentes a idades moi temperás.

O profesional nas exploracións ou revisións de boca entre outras cousas manexa unha sonda periodontal para detectar "bolsas" (fondos de saco debaixo das enxivas) posto que en moitas ocasións os signos clásicos non se manifestan, sobre todo en fumadores. Nestes, a acción da nicotina e alcatráns fan que diminúa a vascularización das enxivas enmascarando o sangrado xenxival.

Unha vez diagnosticada hai que valorar o seu estadío cun estudo periodontal e proceder ao tratamento correcto por parte do dentista. As fases iniciais e moderadas se hai colaboración por parte do paciente, unha vez realizados os tratamentos oportunos adoitan ter moi bo prognóstico. Se o proceso se detecta nunha fase moi avanzada o prognóstico xa é moito máis sombrío.

 

* Unha publicación do doutor José Pardiñas Arias, médico estomatólogo experto en implantes dentais, enfermidades das enxivas e prótese.   

Categoría Periodoncia
Compártao

Todo sobre as incrustaciones dentais

As incrustaciones dentais son unha alternativa terapéutica para restaurar dentes que sufriron unha gran destrución.

Ler máis

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental