Actualidade

A sensibilidade dental - Que é e como combatela?

O simple contacto cun xeado ou unha bebida quente é ás veces unha experiencia dolorosa? O escovado ou o uso de fío dental cáusalle molestias de cando en vez? Se é así, é posible que teña os dentes sensibles, undos problemas dentais máis frecuentes. Neste post falamos das causas da hipersensibilidade nos dentes e de posibles tratamentos.

Que é a sensibilidade dental?

A hipersensibilidade dental ou sensibilidade dental caracterízase e defínese como unha dor ou molestia dos dentes ante un estímulo, ben de contacto, cambio de temperatura ou pola natureza química da substancia que estamos a comer. A molestia dura un determinado momento e logo desaparece ata o próximo estímulo que esperte a dor.

A sensibilidade afecta a 1 de cada 7 persoas, sobre todo a mulleres. A dor adoita aparecer en situacións cotiás e é máis frecuente nalgunhas estacións como o outono e inverno. Pero, cal é a orixe desta sensibilidade nos dentes?

A orixe da sensibilidade dental

Nos dentes sans existe unha capa que protexe a coroa chamada esmalte. Igualmente, debaixo das enxivas existe outra capa que protexe a raíz do dente chamada cemento. Á súa vez, debaixo do esmalte e do cemento está a dentina, unha última capa menos densa que as dúas anteriores e que contén túbulos microscópicos (pequenos tubos ocos ou canles).

Cando a dentina perde a cuberta protectora do esmalte ou cemento, ou as enxivas se retraen deixando parte da raíz exposta, estes túbulos permiten que a calor e o frío ou os alimentos acedos ou pegañentos cheguen aos nervios e células dentro do dente, xerando a mencionada sensibilidade dental.

sensibilidad dental

Que elementos poden causar a sensibilidade dental?

A sensibilidade dental ven orixinada por unha erosión do esmalte ou do cemento. E esta erosión, á súa vez, pode ser provocada por motivos moi diversos:

1)   Alimentos e bebidas que causan sensibilidade dental

O consumo de bebidas acedas como o viño ou a auga carbonatada ou o de alimentos que conteñen acedos como as froitas acedas, aperitivos con vinagre, lambetadas… É tamén frecuente que algúns nadadores padezan este problema polo contacto frecuente coa auga con cloro.

sensibilidad dental en niños comiendo

2)   A carie dental

En estreita relación co punto anterior está a carie dental, unha enfermidade infecciosa provocada por unhas bacterias que existen na boca e que pode chegar a desgastar ata a dentina, coas súas consecuencias.

3)   Medicación que causa sensibilidade dental

Algunhas medicacións poden xerar sensibilidade dental como os tratamentos prolongados con aspirina ou vitamina C. Tamén sofren de sensibilidade as persoas que padecen hernia de hiato con regurxitación e vómitos

4)   Escovado de dentes incorrecto

Lavarse os dentes cun exceso de presión, con demasiada frecuencia ou cunha escova moi dura pode orixinar un desgaste no esmalte. Para evitalo, aquí deixámosvos un post dos erros frecuentes á hora de escovaros dentes

sensibilidad dental al cepillarse

5)   Bruxismo

Rilar os dentes durante a noite ou apertalos excesivamente ao longo do día termina provocando un importante desgaste do esmalte que pode derivar en sensibilidade dental.

6)   Dentes fracturados ou desgastados

Calquera desgaste ou fractura nos dentes, independentemente da orixe do mesmo, pode carrexar sensibilidade dental. O mesmo ocorre cos empastes en mal estado.

7)   A enfermidade das enxivas

A inflamación do tecido gingival provocado pola enfermidade das enxivas pode provocar que a raíz do dente quede exposta xerando, á súa vez, sensibilidade nos dentes.

8)   A recesión de enxivas

Un estado avanzado da recesión de enxivas pode facer que a raíz quede exposta coas súas consecuencias. 

Tratamento da sensibilidade dental

A pesar do incómoda que poida resultar, a sensibilidade dental ten solución, aínda que o tipo de tratamento dependerá de qué a estea causando:

A) As pastas de dentes desensibilizantes conteñen compostos que axudan a bloquear a transmisión da sensación dolorosa desde a superficie do dente ata o nervio. Polo xeral, require varias aplicacións antes de que se reduza a sensibilidade.

B) O xel de flúor é unha técnica que se realiza na clínica dental e que fortalece o esmalte dental, reducindo así a transmisión de estímulos.

C) A coroa, obturación ou incrustación serven para corrixir un defecto, carie ou fractura que, tamén, pode xerar sensibilidade.

D) Enxerto de enviva: se unha perda de tecido das enxivas provoca unha exposición da raíz, este enxerto de enxiva protexeraas e reducirá a sensibilidade dental.

E) Endodoncia: se a sensibilidade dental é grave e persistente e non pode ser tratada por outros medios, o seu dentista pode recomendarlle a endodoncia para solventar o problema.

F) Dieta que diminúe a sensibilidade dental

E é que, como vimos anteriormente, a alimentación é unha das principais causas de sensibilidade dental, polo que levar unha dieta adecuada pode axudar neste sentido. Modificando algúns produtos da nosa dieta poderemos apreciar como diminúe a hipersensibilidad dental:

  • Limite o consumo de alimentos e bebidas que erosionan o teu esmalte.
  • Incremente o consumo de alimentos ricos en oxalato como son os plátanos ou as espinacas.
  • Incorpore na súa dieta produtos lácteos con alto contido en calcio como o leite ou o queixo.
  • Evite os extremos de líquidos moi fríos ou moi quentes.
  • Evite alimentos con alto contido en azucre.

comiendo helado dental

Tratamento da sensibilidade dental na Coruña

Se vives na Coruña e padeces de hipersensibilidad nos dentes, en Clínica Médico Dental Pardiñas somos especialistas no diagnóstico e tratamento deste problema. Os nosos profesionaisofreceranche unha solución específica para a túa sensibilidade adaptada á causa que o estea xerando. Pide cita sen compromiso.

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental