Actualidade

Tártaro ou sarrio dental: por qué se forma e cómo se elimina

O tártaro dental é un problema oral moi estendido cuxo tratamento sempre ten que vir de mans de profesionais. Neste artigo imos abordar por qué se forma, qué consecuencias pode ter e cómo podemos eliminala.

1) Qué é o sarrio dental?

O tártaro dental ou cálculo dental é unha calcificación da placa dental bacteriana que se acumula ao redor dos dentes.

eliminar sarro supragingival

1a) Qué é a placa dental?

A placa dental ou biopelícula é unha substancia pegañenta e esbrancuxada que se adhire á superficie dos dentes. Esta placa pódese eliminar facilmente mediante un escovado de dentes, pero se non se fai correctamente, pode calcificarse debido ás sales minerais presentes na saliva e orixinar o mencionado tártaro.

formación sarro chocolate

2) Por qué se forma o tártaro dental?

O cálculo dental fórmase pola precipitación de sales minerais presentes na saliva, como o calcio e o fósforo. Este tártaro ten un aspecto amarelento ou marrón, cunha superficie rugosa e non se elimina cun escovado normal. Estas son as principais razóns para o seu desenvolvemento:


2a) Hixiene dental deficiente ou incorrecta

A principal causa de formación de sarrio nos dentes é a falta de hixiene, que provoca unha acumulación de placa dental na superficie dos dentes. Unha técnica incorrecta de escovado tamén pode ter estas consecuencias.

2b) A composición da saliva

Outro factor importante é a composición da saliva que ten cada persoa. O pH da saliva oscila entre 6,5 e 7. Un pH ácido de saliva pode favorecer a desmineralización dos dentes e a aparición de caries, pero un pH básico favorece a formación de cálculo dental.

glandula salival

2c) Dieta e formación de tártaro

O consumo de certos alimentos pode facer variar este pH de saliva e favorecer así a aparición de cálculo nos dentes.

formación sarro chocolate

2d) O sarro do nadador

Coñécese por este nome ao sarro que se forma especialmente en nadadores que requiren pasar un maior tempo en contacto coa auga da piscina. Adoita darse sobre todo en deportistas profesionais. Como vimos, o pH da saliva está normalmente, nun valor entre 6,5 e 7, mentres que o pH da auga da piscina adoita estar entre 7,2 e 7,6. Esta diferenza de nivel favorece a aparición de sarro ou cálculo nos dentes.

3) Qué tipos de tártaro dental hai?

Dependendo do lugar onde está formado, pódesnse distinguir dous tipos de tártaro:

3a) Sarrio Supraxenxival

O tártaro supraxenxival está situada por enriba da enxiva e é visible a simple vista. É o menos prexudicial e máis fácil de eliminar.


3b) Sarrio subxenxival

O sarrio subxenxival está situado na raíz do dente debaixo da enxiva e non é visible a simple vista. Este tártaro subxenival é o máis perigoso, xa que é unha das causas da enfermidade periodontal. Para detectar este tártaro é importante realizar raios X e unha sondaxe periodontal.

sarro subgingival

4) Qué problemas pode causar o sarrio dental?

Na placa dental e no tártaro acumúlanse millóns de bacterias que poden causar varios problemas:

4a) Carie dental

O sarrio dental pode ser un dos factores desencadeantes da carie, unha enfermidade infecciosa causada por bacterias que existen na boca. Cando consumimos produtos azucarados ou hidratos, estas bacterias durante o seu metabolismo fabrican ácidos capaces de destruír o esmalte dos dentes.

limpieza sarro

4b) Enfermidade periodontal

O tártaro é unha das principais causas da enfermidade periodontal. Falamos de xenxivite cando esta enfermidade causa inflamación das enxivas, pero non afecta aos tecidos que rodean ao dente, como son o óso e o ligamento periodontal. En caso de afectar a estas estruturas, entón falariamos de periodontite.

4c) Mal alento

A acumulación de tártaro e placa nos dentes e outras partes da boca é unha das principais causas de halitose ou mal alento.

consecuencias sarro halitosis

4d) Enfermidades sistémicas

Múltiples estudos recentes relacionan as bacterias presentes na placa dental e no sarrio con problemas cardíacos, artrite reumatoide, cancro de colon, ictus cerebral, etc.

consecuencias sarro

4e) Problemas estéticos

Ademais dos problemas de saúde xa mencionados, o sarrio ten un efecto estético negativo, xa que pode dar aos dentes un aspecto escuro e sucio.

sarro dientes amarillos

5) Cómo eliminar o sarrio dental

Como o sarrio é unha estrutura compacta mineralizada, non se elimina cun simple escovado e, segundo a profundidade á que se atope, así será o tratamento.

5a) Profilaxe periodontal ou limpeza profesional

Este tipo de limpeza habitual é suficiente para eliminar o tártaro supraxenxival, é dicir, o que está por enriba da enxiva.  Esta profilaxe periodontal inclúe instrumentos como ultrasóns e curetas, utilizados especialmente para eliminar o tártaro da superficie dos dentes.


5b) Raspaxe e alisado de raíces 

Úsase para eliminar o tártaro subxenxival, é dicir, o tártaro que está debaixo da enxiva pero que aínda non é demasiado profundo. Realízase baixo anestesia local, empregando instrumentos chamados curetas que se introducen a través da enxiva para chegar ao tártaro que está unido á superficie das raíces. O obxectivo é eliminar o tártaro e as toxinas xeradas polas bacterias acumuladas nel que provocan a inflamación da enxiva.


5c) Cirurxía periodontal

Se este tártaro subxenxival é moi profundo e o acceso a través da enxiva non permite a súa eliminación, será necesario realizar unha cirurxía periodontal. Este tratamento consiste en facer incisións na enxiva para separala e poder acceder correctamente a todo o contorno da raíz. Deste xeito, pode eliminarse o tártaro, pulir a superficie das raíces para evitar a acumulación de tártaro, eliminar o tecido xenxival afectado, volver a contornear o óso arredor do dente se é necesario e finalmente suturar a enxiva.

Este tratamento significa que as enxivas quedarán nunha posición máis baixa, co que haberá máis espazos entre os dentes e darán un aspecto "máis longo" dos dentes. Estes novos espazos creados entre os dentes serán os que haxa que limpar correctamente, empregando cepillos interdentais ou interproximais específicos.

limpieza sarro antes

6) Cómo evitar a formación de tártaro dental

É moi importante que ademais de escovar os dentes  despois de cada comida, se empregue fío dental ou cepillos interproximais cando sexa necesario. Isto pode evitar a formación de placa e sarrio entre os dentes e evitar caries. É recomendable empregar un cepillo de dureza media e coa técnica correcta, para evitar danar as enxivas debido a unha presión excesiva.

Tampouco debemos esquecer limpar a lingua correctamente. A lingua é a parte da boca que acumula máis bacterias, de aí a súa importancia para limpala regularmente. Para iso pódense empregar o propio cepillo de dentes ou instrumentos específicos chamados raspadores de lingua. Aínda que a rutina diaria de hixiene na casa é o máis importante, é aconsellable acudir ao dentista polo menos 2 veces ao ano e realizar a profilaxe dental profesional recomendada polo seu dentista.

limpieza sarro

6a) Tratamento do tártaro na Coruña

Se vostede vive na Coruña e ten un problema oral relacionado co cálculo ou tártaro dental, o equipo de profesionais da Clínica Médica Dental Pardiñas é especialista nesta materia, polo que estaremos encantados de atenderlle.

Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental