Do 11 ao 13 de outubro o Dr. Simón Pardiñas López foi relator no Congreso Dental Internacional (CODINTER) celebrado en Santo Domingo (República Dominicana).
O Dr. Simón Pardiñas, o único representante español, ditou unha conferencia sobre implantes e rexeneración de tecidos no sector anterior. Nela falou sobre distintos tipos de materiais de enxerto e técnicas, mostrando casos clínicos e resultados das súas investigacións recentes. Así mesmo, o noso doutor explicou algúns métodos de colocación de implantes dentais que conservan a máxima estética.
O congreso, celebrado tanto na Cancillería da República como no Hotel Dominican Festa, reuniu a profesionais de 17 países e contou con máis dun milleiro de asistentes. No evento tratáronse diferentes temas como a saúde bucal, os avances tecnolóxicos ou as innovacións na odontoloxía. Á súa vez realizouse o primeiro Congreso Odontolóxico Estudantil coa integración de universidades de diferentes recunchos do mundo.
Desde Clínica Pardiñas queremos agradecer á organización do evento tanto a magnífica hospitalidade como a excelente loxística do mesmo. Esperamos volver en próximas edicións para seguir compartindo experiencias e coñecemento xunto a tantos grandes profesionais do mundo da odontoloxía.