Actualidade

Pantallas Playthe.net en Clínica Pardiñas

Pantalla Playthe.net exterior en Clínica PardiñasCo obxectivo de mellorar a estancia dos nosos pacientes na clínica, instalamos en varios puntos da mesma pantallas da empresa Playthe.net. A través destes monitores podemos emitir a nosa propia canle de televisión, configurado especificamente en virtude dos intereses dos nosos pacientes. Aínda que o contido irá modificándose ao longo do tempo, a idea é combinar material audiovisual relacionado coa odontoloxía (como a nosa canle de vídeos 3D) con algúns de temática máis xeral: actualidade, deportes, viaxes, entretemento?

Actualmente Clínica Pardiñas dispón de tres pantallas Playthe.net, unha situada no interior da sala de espera e as outras dúas no soportal de entrada á clínica. O noso único obxectivo é mellorar continuamente a experiencia do noso paciente, tratando de facer máis pracenteiro o seu paso polo dentista. Se o desexades podedes utilizar os comentarios do blogue ou calquera outra forma de contacto coa clínica para deixarnos as vosas suxestións sobre o tipo de contido audiovisual do que vos gustaría gozar nas nosas instalación.

Desde agora Clínica Pardiñas conta con tres pantallas Playthe.net nas súas instalacións que nos permite ofrecer unha canle de televisión propio aos nosos pacientes

Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental