O simple contacto cun xeado ou unha bebida quente é ás veces unha experiencia dolorosa? O escovado ou o uso de fío dental cáusalle molestias de cando en vez? Se é así, é posible que teña os dentes sensibles, undos problemas dentais máis frecuentes. Neste post falamos das causas da hipersensibilidade nos dentes e de posibles tratamentos.
Que é a sensibilidade dental?
A hipersensibilidade dental ou sensibilidade dental caracterízase e defínese como unha dor ou molestia dos dentes ante un estímulo, ben de contacto, cambio de temperatura ou pola natureza química da substancia que estamos a comer. A molestia dura un determinado momento e logo desaparece ata o próximo estímulo que esperte a dor.
A sensibilidade afecta a 1 de cada 7 persoas, sobre todo a mulleres. A dor adoita aparecer en situacións cotiás e é máis frecuente nalgunhas estacións como o outono e inverno. Pero, cal é a orixe desta sensibilidade nos dentes?
A orixe da sensibilidade dental:
Nos dentes sans existe unha capa que protexe a coroa chamada esmalte. Igualmente, debaixo das enxivas existe outra capa que protexe a raíz do dente chamada cemento. Á súa vez, debaixo do esmalte e do cemento está a dentina, unha última capa menos densa que as dúas anteriores e que contén túbulos microscópicos (pequenos tubos ocos ou canles).
Cando a dentina perde a cuberta protectora do esmalte ou cemento, ou as enxivas se retraen deixando parte da raíz exposta, estes túbulos permiten que a calor e o frío ou os alimentos acedos ou pegañentos cheguen aos nervios e células dentro do dente, xerando a mencionada sensibilidade dental.
Que elementos poden causar a sensibilidade dental?
A sensibilidade dental ven orixinada por unha erosión do esmalte ou do cemento. E esta erosión, á súa vez, pode ser provocada por motivos moi diversos:
1) Alimentos e bebidas que causan sensibilidade dental:
O consumo de bebidas acedas como o viño ou a auga carbonatada ou o de alimentos que conteñen acedos como as froitas acedas, aperitivos con vinagre, lambetadas… É tamén frecuente que algúns nadadores padezan este problema polo contacto frecuente coa auga con cloro.
2) A carie dental:
En estreita relación co punto anterior está a carie dental, unha enfermidade infecciosa provocada por unhas bacterias que existen na boca e que pode chegar a desgastar ata a dentina, coas súas consecuencias.
3) Medicación que causa sensibilidade dental:
Algunhas medicacións poden xerar sensibilidade dental como os tratamentos prolongados con aspirina ou vitamina C. Tamén sofren de sensibilidade as persoas que padecen hernia de hiato con regurxitación e vómitos
4) Escovado de dentes incorrecto:
Lavarse os dentes cun exceso de presión, con demasiada frecuencia ou cunha escova moi dura pode orixinar un desgaste no esmalte. Para evitalo, aquí deixámosvos un post dos erros frecuentes á hora de escovaros dentes.
5) Bruxismo:
Rilar os dentes durante a noite ou apertalos excesivamente ao longo do día termina provocando un importante desgaste do esmalte que pode derivar en sensibilidade dental.
6) Dentes fracturados ou desgastados:
Calquera desgaste ou fractura nos dentes, independentemente da orixe do mesmo, pode carrexar sensibilidade dental. O mesmo ocorre cos empastes en mal estado.
7) A enfermidade das enxivas:
A inflamación do tecido gingival provocado pola enfermidade das enxivas pode provocar que a raíz do dente quede exposta xerando, á súa vez, sensibilidade nos dentes.
8) A recesión de enxivas:
Un estado avanzado da recesión de enxivas pode facer que a raíz quede exposta coas súas consecuencias.
Tratamento da sensibilidade dental.
A pesar do incómoda que poida resultar, a sensibilidade dental ten solución, aínda que o tipo de tratamento dependerá de qué a estea causando:
A) As pastas de dentes desensibilizantes conteñen compostos que axudan a bloquear a transmisión da sensación dolorosa desde a superficie do dente ata o nervio. Polo xeral, require varias aplicacións antes de que se reduza a sensibilidade.
B) O xel de flúor é unha técnica que se realiza na clínica dental e que fortalece o esmalte dental, reducindo así a transmisión de estímulos.
C) A coroa, obturación ou incrustación serven para corrixir un defecto, carie ou fractura que, tamén, pode xerar sensibilidade.
D) Enxerto de enviva: se unha perda de tecido das enxivas provoca unha exposición da raíz, este enxerto de enxiva protexeraas e reducirá a sensibilidade dental.
E) Endodoncia: se a sensibilidade dental é grave e persistente e non pode ser tratada por outros medios, o seu dentista pode recomendarlle a endodoncia para solventar o problema.
F) Dieta que diminúe a sensibilidade dental:
E é que, como vimos anteriormente, a alimentación é unha das principais causas de sensibilidade dental, polo que levar unha dieta adecuada pode axudar neste sentido. Modificando algúns produtos da nosa dieta poderemos apreciar como diminúe a hipersensibilidad dental:
- Limite o consumo de alimentos e bebidas que erosionan o teu esmalte.
- Incremente o consumo de alimentos ricos en oxalato como son os plátanos ou as espinacas.
- Incorpore na súa dieta produtos lácteos con alto contido en calcio como o leite ou o queixo.
- Evite os extremos de líquidos moi fríos ou moi quentes.
- Evite alimentos con alto contido en azucre.
Tratamento da sensibilidade dental na Coruña.
Se vives na Coruña e padeces de hipersensibilidad nos dentes, en Clínica Médico Dental Pardiñas somos especialistas no diagnóstico e tratamento deste problema. Os nosos profesionaisofreceranche unha solución específica para a túa sensibilidade adaptada á causa que o estea xerando. Pide cita sen compromiso.