Actualidade

O Dr. Pardiñas López impartiu un curso no Colexio de Médicos de Lugo

Así foi o curso que o Dr. Simón Pardiñas impartiu no Colexio Oficial de Médicos e Estomatólogos de Lugo, organizado por BTI Biotechnology Institute.O pasado 20 de Outubro, o Dr. Simón Pardiñas López impartiu un curso no Colexio Oficial de Médicos e Estomatólogos de Lugo, xunto co Dr. Gabriel Hernández. Durante as dúas horas da súa palestra, o Dr. Pardiñas López falou sobre a rehabilitación do sector anterior estético con implantes, próteses e rexeneración ósea. Pola súa banda, a charla do Dr. Hernández versou sobre rehabilitación protésica no sector posterior e o uso de pilares intermedios.

Estes relatorios formaron parte do evento BTI Máis Preto, unha xornada adicada á implantoloxía predicible organizada polo BTI Biotechnology Institute. BTI é unha das empresas líderes no sector da implantoloxía e rehabilitación oral, así como un dos colaboradores habituais da nosa Clínica Médico Dental.

En Clínica Pardiñas seguimos impulsando a formación, tanto a propia como a de outros profesionais do sector, buscando así unha odontoloxía de maior calidade.

Presentamos nova Web

Así é a nova web de Clínica Médico Dental Pardiñas, unha páxina coa que trataremos de ofrecer aos nosos pacientes o mellor servizo online posible.

Ler máis

A osteointegración dos implantes dentais

A osteointegración é o proceso que realiza o corpo humano para crear unha conexión directa e funcional entre o óso e a superficie dos implantes dentais.

Ler máis

Problema de empastes – A obturación dental desbordada

Unha obturación dental mal realizada pode ser un foco maior de acumulación de restos de comida e placa, o que pode provocar aparición de carie por baixo do empaste

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.