Actualidade

O Dr. Simón Pardiñas colabora nunha investigación sobre o cancro colorrectal.

O Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic) está a realizar unha investigación sobre o cancro colorrectal coa colaboración do Dr. Simón Pardiñas López. Este estudo dirixido pola investigadora Margarita Poza busca analizar a influencia que a diversidade bacteriana presente no intestino e na boca poida inducir na aparición de tumores colorrectais, ou como este microbioma pode favorecer ou complicar a aplicación de determinados tratamentos oncolóxicos.


As bacterias da boca e a súa relación co cancro de colon.

Este proxecto desenvolverase entre 2021 e 2023 e contará coa colaboración de varios investigadores e médicos de distintos campos, como a microbioloxía, oncoloxía, cirurxía, metaxenómica, bioinformática. A odontoloxía tamén estará presente xa que as bacterias da boca son un dos principais obxectos de estudo nesta investigación.

Son moitos os estudos que conclúen a estreita relación que gardan as enfermidades dentais con problemas de saúde no resto do corpo. Os patóxenos e bacterias atopadas na boca non só poden provocar cancro oral, enfermidades das enxivas, perda de dentes, caries ou mal alento, senón que tamén están relacionados con outro tipo de enfermidades como a artrite, a diabetes, os ataques ao corazón, Alzheimer e derrames cerebrais. E é que estes patóxenos poden propagarse polo resto do corpo a través do fluxo sanguíneo, podendo provocar unha infección nun xeonllo ou mesmo no corazón, e poden estar presentes en tumores en distintas partes do corpo.

A influencia do microbioma nos tratamentos contra o cancro de colon. 

Como comentabamos, esta investigación axudará tamén a predicir a resposta de cada paciente ao tratamento contra a enfermidade. Tendo en conta o seu microbioma, poderanse deseñar armas terapéuticas específicas para o control ou eliminación desas bacterias, evitando así tamén a aparición de tumores. Xa é coñecido que determinadas bacterias teñen unha función protectora contra o cancro de colon, e que outras inducen a súa aparición, polo que é o estudo buscará a relación entre as peculiaridades do xenoma das bacterias, virus e fungos que viven no intestino e a boca cun maior ou menor risco de tumores de colon e recto.


Para Clínica Médico Dental Pardiñas é un orgullo que os nosos doutores participen en investigacións deste tipo, unha clara mostra da dedicación do noso equipo médico na saúde dos pacientes.

Compártao

O Dr. Simón Pardiñas revoluciona a educación dental usando IA

O Dr. Pardiñas xerará vídeos de divulgación dental en múltiples idiomas grazas a un avatar dixital creado por Intelixencia Artificial

Ler máis

A exodoncia - Todo sobre a extracción dental

Coñécese como exodoncia ao proceso de sacar un dente levado a cabo por un profesional odontolóxico. Isto é todo o que necesitas saber sobre a extracción dental.

Ler máis

O prezo do tratamento dental - É caro ir ao dentista?

É moi frecuente que se nos pregunte polo prezo dun tratamento a través das redes sociais. Esta é a nosa política respecto diso.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental