O doutor Simón Pardiñas colaborou coa fundación MIR e coa ONG World Smiles na realización de máis de 200 tratamentos dentais gratuítos na Romana (República Dominicana).
Fundación MIR, máis de 30 anos axudando na República Dominicana
A Fundación MIR (Mission International Rescue) é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para axudar ás persoas marxinadas na rexión oriental da República Dominicana. MIR ofrece formación e alimentación aos nenos da zona e tamén, dende hai case 20 anos, servizos de saúde bucodental en colaboración coa ONG World of Smiles de Nova York.
O traballo da ONG World of Smile na República Dominicana
A ONG de Nova York World of Smiles preparou unha clínica dental dentro das instalacións da Fundación MIR. Durante todo o ano, dous odontólogos locais traballan nesa clínica, atendendo aos nenos con programas preventivos que van desde revisións, extraccións ou outro tipo de tratamentos. Ademais, dúas veces ao ano profesionais de odontoloxía e estudantes de Nova York e áreas circundantes únense para ampliar este traballo.
O papel do doutor Simón Pardiñas nesta viaxe solidaria
O doutor Pardiñas incorporouse a unha destas viaxes colaborativas en novembro de 2024. O seu traballo consistía en coordinar a área de cirurxía bucal, realizando principalmente extraccións de dentes do xuizo, frenectomías, xunto coa supervisión e docencia dos estudantes da Universidade de Stony Brook. Durante a semana que estiveron na zona, realizaron máis de 200 tratamentos dentais tanto a nenos como a adultos.
Clínica Pardiñas e o seu compromiso social
Aínda que este traballo foi realizado a título persoal pola doutora Pardiñas, no ano 2013 creamos a Fundación Clínica Pardiñas para atender a saúde bucodental dos galegos máis desfavorecidos. Unha mostra máis do compromiso social da nosa clínica e do noso equipo médico.