Actualidade

Clínica Pardiñas ofrece wifi gratis no centro da Coruña

En Clínica Dental Pardiñas ofrecemos acceso gratuíto a wifi en pleno centro da Coruña grazas ao noso acordo coa empresa PlaythenetNun futuro non moi afastado, en calquera lugar e en calquera momento será posible acceder a Internet sen pagar por iso. Nesta mesma liña, Clínica Dental Pardiñas está a ofrecer un punto de acceso gratuíto a Internet desde as nosas instalacións de Rúa Real 66, en pleno centro da Coruña.

Para iso estamos a colaborar con Playthenet, a mesma empresa que nos permite ofrecer unha canle de televisión personalizado na sala de espera. Grazas a este dispositivo tamén podemos ofrecer un servizo de wifi gratuíto aos nosos pacientes. Para gozar desta conexión o usuario deberá cumprimentar previamente un sinxelo formulario de rexistro mediante o seu correo electrónico ou algunha conta en redes sociais.

Rexistrándoche nesta plataforma non só poderás gozar de wifi gratuíto en Clínica Dental Pardiñas, senón que che dará acceso libre a Internet en calquera das máis de 4000 pantallas Playthenet que hai repartidas ao longo de toda a xeografía española. https://www.playthe.net/redwifi Igualmente, formando parte desta rede poderás participar nos numerosos concursos e sorteos que ofrece a empresa a través da súa páxina web.

Unha das máximas de Clínica Dental Pardiñas é poñer a última tecnoloxía a disposición dos nosos pacientes, e o noso acordo con Playthenet é unha mostra máis diso.

Clínica Pardiñas en Playthenet

Compártao

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental