Especialidades

Sedación

Reducir a ansiedade do paciente fronte aos tratamentos dentais é unha prioridade para nós

Sedación con óxido nitroso

Buscamos continuamente a máxima comodidade para o paciente, por iso ofrecemos de maneira gratuíta e para aqueles pacientes que o soliciten a sedación con óxido nitroso.

O óxido nitroso foi o primeiro gas empregado en medicina, desde hai 180 anos. É extremadamente seguro para uso medicinal por ser non inflamable e presentar as seguintes características: baixo coeficiente de solubilidade, analxesia e sedación, non se metaboliza no organismo e posúe mínimos efectos colaterais.


Efectos psicolóxicos e fisiolóxicos

Con doses pequenas os efectos psicolóxicos do óxido nitroso consisten na supresión de sensacións de dor e a característica hilaridade. O consumidor pode mostrar un rostro riseiro ou caer nun ataque de risa incontrolada. Con doses medias, fornecidas por inhalacións máis profundas, experiméntase unha primeira fase de excitación cordial, como ocorre coas bebidas alcohólicas, que posteriormente se converte en sedación e sopor. Á súa vez tamén ten un lixeiro efecto amnésico.

Sedación consciente

A sedación consciente é un método utilizado para lograr un estado controlado de depresión do sistema nervioso central con redución da ansiedade.
É realizada por un médico anestesiólogo, que durante o tratamento dental monitora as constantes vitais (tensión arterial, frecuencia cardíaca e saturación de osíxeno), e axusta a medicación en función de cada paciente.
Este tipo de sedación permite ao paciente manter os reflexos protectores(tose, náusea…), a habilidade para respirar independentemente e responder a estimulos ou ordes verbais.
Está indicado principalmente para pacientes moi ansiosos ou medorentos fronte aos tratamentos dentais, nenos e pacientes discapacitados, podendo utilizarse para calquera tipo de especialidade odontolóxica.
Este método implica o uso de medicación intravenosa para inducir ao paciente nun estado de sedación, o cal posteriormente non terá ningún recordo dos procedementos odontolóxicos realizados.
Antes de realizar o tratamento con sedación consciente, necesitarase ter unha historia médica completa, lista da medicación que actualmente estea a tomar o paciente, así como unha analítica de sangue.
Ademais entregaráselle o consentimento informado que terá que traer asinado o día da intervención e as normas para someterse a un tratamento odontolóxico baixo sedación, entre as que se inclúen acudir acompañado.

Compártao
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental